Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Xoves, 29 de agosto de 2019 Páx. 38255

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2019, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se outorgan a Red Eléctrica de España, S.A.U. a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción e se declara a utilidade pública, en concreto, da infraestrutura de transporte de enerxía eléctrica denominada LAT a 220 kV DC de E/S na SE Ponte Bibei da LAT Conso-Trives 220 kV, no termo municipal de Manzaneda, provincia de Ourense (expediente IN407A 2016/250-3).

Feitos.

1. A infraestrutura de transporte de enerxía eléctrica denominada LAT a 220 kV DC E/S na SE Ponte Bibei da LAT Conso-Trives 220 kV atópase programada no documento denominado Planificación enerxética. Plan de desenvolvemento da Rede de transporte de energía eléctrica 2015-2020, aprobado polo Acordo do Consello de Ministros do 16 de outubro de 2015 (Orde IET/2209/2015, do 21 de outubro; BOE nº 254, do 23 de outubro). Trátase, polo tanto, dunha actuación vinculante para Red Eléctrica de España, S.A.U. (en diante, REE).

2. O 7 de xullo de 2016 REE presentou, ante a Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Economía, Emprego e Industria (en diante, xefatura territorial), a solicitude de autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción, declaración de utilidade pública, en concreto, e a tramitación de impacto ambiental simplificada da infraestrutura de transporte de enerxía eléctrica denominada LAT a 220 kV DC de E/S na SE Ponte Bibei da LAT Conso-Trives 220 kV, xunto coa seguinte documentación, de conformidade coa Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e a Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental:

– Proxecto de execución da citada liña eléctrica, datado en xuño de 2016 (incluíndo a relación de bens e dereitos afectados).

– Declaración responsable do técnico proxectista, exixida no artigo 53.1.b) da Lei 24/2013, do 26 de decembro.

– Separatas técnicas do proxecto de execución para as entidades afectadas.

– Documento ambiental do proxecto de execución, datado en xuño de 2016.

3. O 11 de xullo de 2016 a xefatura territorial trasladou ao órgano ambiental o documento ambiental da dita infraestrutura eléctrica para os efectos de iniciar o trámite de avaliación de impacto ambiental simplificada.

O 17 de setembro de 2016 o órgano ambiental comunicou a apertura do trámite de consultas ás distintas administracións públicas afectadas e persoas interesadas e cualifica o proxecto, que está comprendido dentro dun espazo pertencente á Rede Natura 2000 de incluírse na letra b) do artigo 7.2 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, polo que deberá seguirse o trámite de avaliación de impacto ambiental simplificada. Obtivéronse informes das seguintes entidades: Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Instituto de Estudos do Territorio e Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal.

Destes informes, nos cales se recolle unha serie de condicionados que se deberán ter en conta no proxecto, destaca o da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, que sinala a existencia de alternativas de trazado con menor impacto, sobre todo sobre os hábitats de interese comunitario, e que cómpre que sexan estudadas.

4. O 23 de marzo de 2018 REE presentou, ante a xefatura territorial, co obxecto de atender os condicionados impostos polas entidades consultadas no trámite ambiental da LAT a 220 kV DC de E/S na SE Ponte Bibei da LAT Conso-Trives 220 kV, e para os efectos xa sinalados, a seguinte documentación (que substitúe a presentada inicialmente):

– Addenda ao proxecto de execución da citada liña eléctrica, datado en febreiro de 2018 (incluída a relación de bens e dereitos afectados).

– Declaración responsable do técnico proxectista, exixida no artigo 53.1.b) da Lei 24/2013, do 26 de decembro.

– Separatas técnicas do proxecto de execución para as entidades afectadas.

– Documento ambiental da Addenda ao proxecto de execución, datado en marzo de 2018.

5. A Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas do Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Digital emitiu informe favorable, con data do 16 de maio de 2018, a respecto da infraestrutura eléctrica denominada LAT a 220 kV DC de E/S na SE Ponte Bibei da LAT Conso-Trives 220 kV, para os efectos previstos no artigo 35.2 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 114 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

6. De conformidade co disposto nos artigos 125 e 144 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, a solicitude de autorización administrativa previa, de autorización administrativa de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, da infraestrutura de transporte de enerxía eléctrica recollida no proxecto denominado Addenda ao proxecto de execución da LAT a 220 kV DC de E/S na SE Ponte Bibei da LAT Conso-Trives 220 kV (febreiro-2018), xunto coa relación de bens e dereitos afectados (RBDA), someteuse ao trámite de información pública mediante Acordo do 22 de abril de 2018, da xefatura territorial.

Este acordo publicouse no DOG número 95, do 21 de maio de 2018, no BOP nº 116, do 23 de maio de 2018 e no xornal La Región do 24 de maio de 2018. Así mesmo, expúxose nos taboleiros de anuncios do Concello de Manzaneda e da xefatura territorial, durante o prazo de 20 días, segundo consta nos certificados emitidos por estas entidades.

Ao mesmo tempo, practicouse a notificación individualizada a todos e cada un dos titulares de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica proxectada que figuraban na RBDA achegada por REE. Todos aqueles aos cales non foi posible practicar satisfactoriamente a notificación prevista foron emprazados para seren notificados por comparecencia mediante a Cédula do 7 de maio de 2019 da xefatura territorial (DOG nº 96, do 27 de maio; BOE nº 129, do 30 de maio).

7. Durante o período de información pública recibíronse as seguintes alegacións:

a) Manuel Pedro Cereijo Rodríguez, en calidade de curador de Marcelino Pérez Martínez, e a respecto do predio número 30 (polígono 33 e parcela 95) que figura na RBDA a nome de Manuela e Candelas Pérez Martínez, fai constar que este predio é propiedade do seu curado, Marcelino Pérez Martínez, quen o herdou tras o falecemento dos anteriores. Tamén solicita que todas as notificacións deste expediente se lle fagan a él, na súa condición de curador do propietario citado.

b) María del Pilar Villarino Diéguez, a respecto do predio número 43-2 (polígono 33 e parcela 492) que figura na RBDA a nome de Domingo Álvarez Manso e herdeiros de Benedicta Diéguez Manso, solicita que se emende a titularidade, e deberá figurar ela en lugar de herdeiros de Benedicta Diéguez Manso. Tamén solicita que todas as notificacións deste expediente se lle fagan a ela.

8. De conformidade cos artigos 131 e 146 do citado Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, o 23 de abril de 2018 a xefatura territorial trasladou as separatas técnicas do proxecto presentado ás distintas administracións, organismos ou empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectados, con bens e dereitos ao seu cargo, co obxecto de que establecesen o condicionado técnico procedente. En concreto, remitíronse separatas técnicas ás seguintes entidades: Concello de Manzaneda, Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Deputación Provincial de Ourense, Iberdrola, S.A. e Telefónica de España, S.A.

A respecto das entidades que non contestaron (Concello de Manzaneda, Deputación Provincial de Ourense, Iberdrola, S.A. e Telefónica de España, S.A.) á petición de informe, nin á súa reiteración, enténdese a súa conformidade coa autorización da instalación, conforme o disposto no artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sen prexuízo das autorizacións que lles corresponda outorgar.

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil emitiu informe que recollen o seu condicionado técnico ao respecto, do cal se deu traslado a REE, quen manifestou a súa conformidade con el.

9. Continuando coa tramitación ambiental, o órgano ambiental obtivo informes das seguintes entidades en relación coa addenda do documento ambiental: Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Instituto de Estudos do Territorio e Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal.

A xefatura de servizo de Avaliación Ambiental de Proxectos ditou proposta de informe de impacto ambiental, con data do 19 de xuño de 2019, na cal se conclúe que, nos termos recollidos nela e coas medidas ambientais establecidas, non son previsibles efectos significativos sobre o ambiente derivados do dito proxecto. Polo tanto, non se considera necesario someter o proxecto a unha avaliación de impacto ambiental ordinaria.

O 19 de xuño de 2019 a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático ditou resolución pola que se formula o informe de impacto ambiental do proxecto de LAT a 220 kV E/S na SE Ponte Bibei da LAT Conso-Trives 220 kV, en cumprimento do disposto no artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro.

O 8 de xullo de 2019 publicouse no Diario Oficial de Galicia o Anuncio do 21 de xuño de 2019 da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fixo público o dito informe de impacto ambiental.

10. O 5 de xullo de 2019 os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe favorable sobre a Addenda ao proxecto de execución da LAT a 220 kV DC de E/S na SE Ponte Bibei da LAT Conso-Trives 220 kV. Así mesmo, coa mesma data, a xefatura territorial ditou proposta de outorgamento a REE da autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e declaración de utilidade pública da citada LAT.

11. Posteriormente, como contestación a un requirimento cursado por esta dirección xeral o 22 de xullo de 2019, os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron os dous informes seguintes:

– Informe emitido o 22 de xullo de 2019 sobre a inexistencia de dereitos mineiros afectados pola liña eléctrica de referencia.

– Informe emitido o 24 de xullo de 2019 sobre a inexistencia de limitacións á constitución de servidume de paso para a liña eléctrica de referencia, conforme o disposto no artigo 58 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 161 do Real decreto 1955/2000, do 1 do decembro.

Consideracións legais e técnicas.

1. A Dirección Xeral de Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 135/2017, do 28 de decembro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG nº 18, do 25 de xaneiro de 2018) e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 22, do 1 de febreiro de 2017).

2. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

– Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

– Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

– Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 1432/2008, do 29 de agosto, polo que se establecen medidas para a protección da avifauna contra a colisión e a electrocución en liñas eléctricas de alta tensión.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Real decreto 1047/2013, do 27 de decembro, polo que se establece a metodoloxía para o cálculo da retribución da actividade de transporte de enerxía eléctrica.

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa.

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG nº 54, do 19 de marzo de 2014).

3. As características técnicas máis salientables da LAT a 220 kV E/S na SE Ponte Bibei da LAT Conso-Trives 220 kV, que discorre polo termo municipal de Manzaneda (Ourense), son:

– LAT con tensión nominal de 220 kV, de 1.994 m de lonxitude con condutor tipo AL/AW cóndor, sobre torres metálicas de celosía, con dobre circuíto e 2 condutores por fase, que conectará o apoio existente T-19 do circuíto Trives-Conso 220 kV (que vai compactado en dobre circuíto coa LAT Trives-Aparecida de 400 kV), co novo apoio T-5 da actual liña de entrada e saída na subestación de Ponte Bibei da LAT Trives-Conso 220 kV.

– Orzamento: 1.155.226 €.

4. Informe favorable emitido o 3 de decembro de 2010 pola Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio a respecto da LAT de referencia, para os efectos previstos no artigo 35.2 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 114 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

5. Á vista das alegacións presentadas ao proxecto da instalación eléctrica, da contestación que deu a elas a empresa promotora e do resto da documentación que consta no expediente, queda de manifesto o seguinte:

A respecto das alegacións relativas aos novos enderezos de contacto e á propiedade e/ou titularidade de dereitos sobre os bens afectados que figuran na RBDA, cómpre indicar que o promotor (REE) manifesta que procedeu a tomar nota dos cambios de titularidade comunicados. No caso de existir algún posible litixio de propiedade, esta Administración non é competente para resolver nin dirimir sobre eles, pois son competencia exclusiva da xurisdición civil ordinaria. Non obstante, no acto de levantamento das actas previas á ocupación, no caso de iniciarse o procedemento expropiatorio, poderanse formular alegacións e manifestacións ao respecto, así como achegar a documentación que se considere pertinente, sen prexuízo de que as actuacións no procedemento expropiatorio se poderán seguir ante o Ministerio Fiscal no suposto de que subsista o litixio.

6. Informe favorable emitido o 5 de xullo de 2019 polos servizos técnicos da xefatura territorial sobre a Addenda ao proxecto de execución da LAT de referencia, no cal se conclúe de maneira literal o seguinte: «Unha vez examinado o proxecto (addenda) de execución da instalación de referencia, presentado por Red Eléctrica de España, S.A.U., que tamén inclúe anexo coa relación de bens e dereitos afectados, obsérvase que aquel cumpre os requisitos técnicos necesarios para a súa completa execución, e será realizado conforme as prescricións ditadas pola Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que a desenvolve, polo Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e demais normativa de aplicación, polo que se emite informe favorable».

7. Proposta da xefatura territorial, de data do 5 de xullo de 2019, de outorgamento a REE da autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e declaración de utilidade pública da LAT de referencia.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

1. Outorgar á empresa REE a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da instalación de transporte de enerxía eléctrica denominada LAT a 220 kV E/S na SE Ponte Bibei da LAT Conso-Trives 220 kV, no termo municipal de Manzaneda (Ourense).

2. Declarar a utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica, o que leva implícito a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Todo isto de acordo coas condicións seguintes:

1. En cumprimento do disposto no informe de impacto ambiental emitido o 19 de xuño de 2019 polo órgano ambiental e de conformidade co disposto no artigo 4 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental, fíxase en 11.552,26 € (1 % do orzamento do proxecto de execución) a contía do aval, que deberá constituír a empresa promotora (REE) para garantir o cumprimento das medidas correctoras e responder da reparación dos posibles danos que se lle poidan causar ao ambiente e do seu custo de restauración.

A empresa promotora deberá depositar este aval, con carácter previo ao inicio das obras, na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11.3 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias, e devolverase cando desaparezan as causas que motivaron a súa constitución, de conformidade co disposto no artigo 6 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro.

2. As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto de execución titulado Addenda ao proxecto de execución da LAT a 220 kV E/S na SE Ponte Bibei da LAT Conso-Trives 220 kV, asinado por Ángel Gallego del Monte, enxeñeiro industrial (colexiado número 5.302, do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Madrid), con visado dixital deste colexio con número 201602172 e data do 15 de marzo de 2018, e no cal figura un orzamento de 1.155.226 €.

3. A empresa REE asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

En todo momento deberanse cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

4. Para introducir modificacións nas instalacións que afecten datos básicos do proxecto será necesaria a autorización previa da Dirección Xeral de Enerxía e Minas; non obstante, a xefatura territorial poderá autorizar as modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, e deberánselle comunicar á dita dirección xeral todas as resolucións que diten en aplicación da citada facultade.

5. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Unha vez construídas estas instalacións, a empresa REE deberá presentar a solicitude de posta en servizo ante a xefatura territorial, xunto coa documentación exixible de acordo co punto 3 da ITC-LAT 04 do Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro.

6. Con carácter previo á posta en marcha das instalacións, o órgano competente verificará o cumprimento dos condicionados impostos nesta resolución, así como das condicións que sexan de aplicación das que figuran no informe de impacto ambiental formulado o 19 de xuño de 2019 polo órgano ambiental.

Para dar cumprimento ao establecido no artigo 48.2 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, relativo ao contido da autorización do proxecto, resúmese a seguinte información contida no informe de impacto ambiental (IIA):

– Conclusión sobre os efectos significativos do proxecto no ambiente: punto 4 do IIA.

– Condicións ambientais establecidas e medidas previstas para prever, corrixir ou compensar os efectos adversos significativos no ambiente: punto 5 do IIA.

– Descrición das características do proxecto: punto 4 do IIA.

– Medidas de seguimento e órgano encargado del: punto 5.8 do IIA.

7. En canto aos bens e dereitos afectados por esta instalación eléctrica e adscritos ás distintas administracións, organismos ou empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral, a empresa REE procederá a realizar os correspondentes cruzamentos e afeccións de acordo cos condicionados e informes emitidos por estes.

8. A Administración reserva para si o dereito a deixar sen efecto esta autorización por incumprimento das condicións estipuladas, pola facilitación de datos inexactos ou por calquera outra causa legal ou regulamentaria que así o prevexa.

9. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente, tal e como dispón o título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2019

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas