Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Xoves, 29 de agosto de 2019 Páx. 38235

III. Outras disposicións

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 19 de agosto de 2019 pola que se encomenda á Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde a xestión da formación dos e das profesionais da Rede de atención ás drogodependencias derivada da organización da actividade formativa Suicidio: estratexias de prevención e actuacións terapéuticas.

De conformidade co previsto no artigo 9.3 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade á Resolución do 19 de agosto de 2019 do Servizo Galego de Saúde, pola que se encomenda á Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde a xestión da formación dos e das profesionais da Rede de atención ás drogodependencias, derivada da organización da actividade formativa Suicidio: estratexias de prevención e actuacións terapéuticas:

– Actividade: a axencia asumirá a xestión da asistencia e avaliación do alumnado proposto para a actividade.

Tamén asumirá a programación, planificación e xestión das actividades formativas propostas polo Servizo de Saúde Mental e asistencia a drogodependencias, dentro dos límites orzamentarios establecidos.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: o encargo ten natureza de encarga a medio propio, de acordo co disposto nos artigos 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, e no artigo 13 da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico. Tal condición de medio propio vén contemplada no artigo 5 do Decreto 112/2015, do 31 de xullo, polo que se crea a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e se aproban os seus estatutos.

– Prazo de vixencia: esta encomenda producirá efectos a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e manterase ata que se executen de conformidade e na súa totalidade as actividades encomendadas.

Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2019

Jesús Vázquez Almuíña
Presidente do Servizo Galego de Saúde