Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Xoves, 29 de agosto de 2019 Páx. 38236

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 9 de agosto de 2019, da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, pola que se resolve a convocatoria para a provisión de diversas prazas de supervisor/a de área da dita xerencia (convocada por Resolución do 22 de maio de 2019, Diario Oficial de Galicia número 119, do 25 de xuño).

Convocada por Resolución do 22 de maio de 2019 (DOG núm. 119, do 25 de xuño), a provisión de diversas prazas de supervisor/a de área da Xerencia de Xestión de Integrada de Santiago de Compostela e en virtude do establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e a Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño) pola que se establecen as bases do procedemento para o provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG núm. 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, da Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, e do Decreto 168/2010, do 7 de outubro, polo que se regula a estrutura organizativa de Xestión Integrada do Servizo Galego de Saúde, a xerente de Xestión Integrada de Santiago de Compostela,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión de diversas prazas de supervisor/a de área da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, convocada por Resolución do 22 de maio de 2019 (DOG núm. 119, do 25 de xuño).

Segundo. Nomear, para os postos que se indican, ás persoas citadas no anexo desta resolución.

Terceiro. De conformidade coa base oitava da convocatoria, o candidato nomeado será avaliado, antes de que transcorran catro anos desde o seu nomeamento, para os efectos de prorrogar o desempeño da xefatura, por idéntico período, ou proceder á súa remoción.

Cuarto. O aspirante seleccionado deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a resolución do Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrito ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a condición de servizo activo, percibíndose os correspondentes haberes de conformidade co que estableza a orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Quinto. Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso de alzada perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte á súa publicación, nos termos establecidos nos artículo 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 9 de agosto de 2019

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Santiago de Compostela

ANEXO

Posto: supervisora da Área Funcional de Recursos Materiais, Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: Trillo Guerra, Susana.

DNI (*): ***1661**.

Posto: supervisor da Área Funcional de Servizos Centrais, Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: García Calvo, Felipe.

DNI (*): ***2525**.

Posto: supervisora da Área Funcional de Calidade de Xestión de Procesos, Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: Sixto Gato, Sandra María.

DNI (*): ***0064**.

Posto: supervisora da Área Funcional de Docencia e Investigación, Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: Vidal Martínez, Sandra.

DNI (*): ***1994**.

(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.