Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Mércores, 28 de agosto de 2019 Páx. 38042

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 132/2019).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 132/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Manuel Refojo González contra Hipescar, S.L., María José Lorenzo Gómez, Fidel Derivados Cárnicos, S.L., Campiñas de Laíño, S.A., Refojo y González, S.L., Fogasa, Juan Manuel Capella Pérez, se ditaron as seguintes resolucións cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto:

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2019.

Parte dispositiva:

Dispoño: despachar orde xeral de execución do título indicado a favor do executante Juan Manuel Refojo González fronte a Hipescar, S.L., María José Lorenzo Gómez, Fidel Derivados Cárnicos, S.L., Campiñas de Laíño, S.A., Refojo y González, S.L., Fogasa, Juan Manuel Capella Pérez, parte executada.

De conformidade co disposto no artigo 280 da LXS e conforme o solicitado na demanda executiva, a letrada da Administración de xustiza sinalará data para vista do incidente.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición, que se interporá no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da/das infracción/s cometida/s na resolución, cumprimento ou incumprimento de presupostos e requisitos procesuais exixidos e/ou oposición á execución despachada nos termos previstos no artigo 239.4 da Lei reguladora da xurisdición social, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

A xuíza.

A letrada da Administración de xustiza.

Dilixencia de ordenación:

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2019.

Despois de presentarse o traballador Juan Manuel Refojo González exixindo o cumprimento por parte do empresario Hipescar, S.L., María José Lorenzo Gómez, Fidel Derivados Cárnicos, S.L., Campiñas de Laíño, S.A., Refojo y González, S.L., Fogasa, Juan Manuel Capella Pérez da obriga de readmisión, e despois de despacharse auto de execución da sentenza número 53/2019, de data 1 de febreiro, ditada no procedemento DOI 197/2018, de conformidade co artigo 280 da LXS, acordo:

Citar de comparecencia as partes e o Fondo de Garantía Salarial coas advertencias legais e facéndolles saber que deben asistir cos medios de proba de que intenten valerse, e fixo o próximo día 7 de outubro de 2019, ás 12.15 horas, na Sala de Audiencias número 1 deste xulgado, sita na rúa Berlín, s/n, Polígono das Fontiñas, para a realización da comparecencia.

De non asistir o/os traballador/es ou persoa que o/os represente, terase/teranse por desistido/s na súa solicitude; se non o fixese o empresario ou o seu representante realizarase o acto sen a súa presenza.

Sirva de citación a notificación da presente resolución ás partes comparecidas.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición, que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Fidel Derivados Cárnicos, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2019

A letrada da Administración de xustiza