Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Mércores, 28 de agosto de 2019 Páx. 38040

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 150/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 150/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ramiro José Triana Frechilla contra Seguridad y Planificación Galicia, S.L., Montserrat Vale Santos, Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións:

«Auto:

Maxistrada xuíza: Elena Calleja Curros.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2019.

Parte dispositiva:

Dispoño: non procede despachar a execución interesada, por encontrarse a entidade executada Seguridad y Planificación Galicia, S.L., en fase de liquidación concursal, acordada por auto de data 28 de xullo de 2017, ditado polo Xulgado do Mercantil número 2 da Coruña.

Arquívense as actuacións logo de baixa no libro correspondente.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición, que se interporá no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción cometida na resolución a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada (artigos 186 e 187 da LXS).

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

A maxistrada xuíza.

A letrada da Administración de xustiza.

Dilixencia de ordenación:

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2019.

Tense por presentado o precedente escrito por Ramiro José Triana Frechilla, interpoñendo recurso de reposición, ao abeiro do que dispón o artigo 186.2 da LXS e, á vista de que este cumpre cos requisitos que para a súa admisión establecen os artigos 186.4 e 187.1 da LXS, admítese este a trámite.

Déase traslado por tres días ás partes para a súa impugnación, se o consideran conveniente.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición, que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impuganada.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Seguridad y Planificación Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2019

A letrada da Administración de xustiza