Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Mércores, 28 de agosto de 2019 Páx. 38090

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 9 de agosto de 2019 pola que se notifica o trámite de audiencia do expediente de reclamación patrimonial con referencia 26/17.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), mediante a públicación no Boletín Oficial del Estado, notifícase a Carmen María Ínsua Marcote, con DNI ***6367**, o trámite de audiencia, de acordo coa Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, de expediente de reclamación patrimonial presentada por danos por caída no porto de Fisterra, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos no último enderezo coñecido sito en Flat 5; 4 Peel Place; London SE18 4AE.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Á vista de que estamos ante unha reclamación iniciada por instancia da interesada, de acordo co artigo 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase o trámite de audiencia de expediente de reclamación patrimonial para poder presentar alegacións e xustificacións que xulgue oportunos.

O expediente completo atópase nas dependencias dos Servizos Centrais de Portos de Galicia onde poderá ser examinado das 9.00 ás 14.00 horas.

O órgano competente para a resolución do expediente é a Consellería do Mar para dictar a presente resolución de acordo co establecido no artigo 3.1.b) da Lei 6/2001, do 29 de xullo, de adecuación da normativa da Comunidade Autónoma de Galicia á Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992.

De acordo co artigo 21.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o prazo de resolución do presente expediente é de seis meses, transcorrido o cal, sen que recaese resolución expresa, poderá entender desestimada a solicitude de indemnización, segundo o previsto no artigo 24.1 parágrafo segundo da mesma lei.

E para que conste e sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 42 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 9 de agosto de 2019

José Ignacio Villar García
Director xeral de Portos de Galicia