Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Mércores, 28 de agosto de 2019 Páx. 38092

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 9 de agosto de 2019 pola que se notifica a resolución do expediente de reclamación patrimonial con referencia 30/16.

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE núm. 285, do 27 de novembro) modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a Alejandro Díaz Tojeiro, con DNI ***8105**, a resolución de expediente de reclamación patrimonial presentada por danos por caída no porto de Ares, de acordo coa Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións publicas e do procedemento administrativo común e demais disposicións de pertinente aplicación, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos no último enderezo coñecido sito na rúa Masaya, nº 12, B, esquerda; 15406 Ferrol (A Coruña).

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Á vista de que estamos ante unha reclamación iniciada por instancia del interesado, de acordo co artigo 6.1 do Real decreto 429/1993, do 26 de marzo, polo que se aproba o regulamento dos procedementos das administracións públicas en materia de responsabilidade patrimonial, notificase a resolución de expediente de reclamación patrimonial.

O expediente completo atópase nas dependencias dos Servizos Centrais de Portos de Galicia onde poderá ser examinado das 9.00 ás 14.00 horas.

O órgano competente para a resolución do expediente é a Consellería do Mar para dictar a presente resolución de acordo co establecido no artigo 3.1.b) da Lei 6/2001, do 29 de xullo, de adecuación da normativa da Comunidade Autónoma de Galicia á Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992.

E para que conste e sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 9 de agosto de 2019

José Ignacio Villar García
Director xeral de Portos de Galicia