Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Martes, 27 de agosto de 2019 Páx. 37740

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 8 de agosto de 2019, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo sobre o deslindamento parcial realizado entre as comunidades de montes veciñais en man común de Cerdeira, San Xosé de Ribarteme e San Cibrán de Ribarteme, no concello das Neves, ao respecto da estrema común dos seus montes.

Para os efectos previstos no artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, dáse publicidade ao acordo adoptado polo Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, na sesión do 9 de xullo de 2019, en relación co deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común de Cerdeira, San Xosé de Ribarteme e San Cibrán de Ribarteme, no concello das Neves, a respecto da estrema común dos seus montes.

Feitos:

Primeiro. O 14.9.2016, José Rodríguez Rodríguez, presidente da Xunta Reitora da CMVMC de Cerdeira, no concello das Neves, presentou un escrito no rexistro do Edificio Administrativo de Lugo, número 108164/RX2424360, para que se lle dea o trámite correspondente ao deslindamento por avinza entre o monte veciñal en man común de Cerdeira (Cerdeira) e o monte veciñal en man común de Feresvello, Pousiños e Pousadoiro Pequeno (San Xosé de Ribarteme).

No expediente consta a seguinte documentación do deslindamento entre a comunidade de Cerdeira e San Xosé de Ribarteme, consonte o artigo 53 da Lei 7/2012:

– Acta e memoria descritiva con planos topográficos.

– Acta de conciliación levantada no Xulgado de Paz das Neves.

– Certificados dos acordos ratificados en asembleas xerais de comuneiros.

– CD cos arquivos en formato shape da liña de deslindamento entre Cerdeira e San Xosé.

Segundo. O 22.9.2017 o Servizo de Montes realiza á CMVMC de Cerdeira un requirimento da cartografía segundo as normas deste servizo e un informe de validación gráfica alternativo.

Terceiro. O 3.12.2018 o Presidente da CMVMC de San Xosé de Ribarteme presenta no rexistro electrónico da Xunta de Galicia, unha solicitude de aprobación do deslindamento entre a súa comunidade e a comunidade de Cerdeira e solicitude de aprobación do deslindamento entre a súa comunidade e a comunidade de San Cibrán de Ribarteme.

No expediente consta a seguinte documentación do deslindamento entre a comunidade de San Xosé de Ribarteme e a de San Cibrán de Ribarteme, consonte o artigo 53 da Lei 7/2012:

– Acta e planos de deslindamento.

– Demanda e acta de conciliación levantada no Xulgado de Paz das Neves.

– Certificados de aprobación das respectivas asembleas.

– Shape cos puntos de deslindamento.

– Informe de validación gráfica alternativo do deslindamento entre San Xosé de Ribarteme e Cerdeira e San Xosé de Ribarteme e San Cibrán de Ribarteme. CSV: 748K9E0G0F2FQYV7.

Cuarto. A Sección de Topografía realiza en xaneiro de 2019 o plano do deslindamento a escala 1:1.500, sobre os esbozos das comunidades e as parcelas catastrais afectadas segundo o informe de validación gráfica proporcionado.

Quinto. A descrición da liña vén dada polos puntos recollidos na demanda de conciliación, certificados e planos presentados segundo as seguintes coordenadas UTM en ETRS89:

Liña de deslindamento entre San Xosé de Ribarteme e Cerdeira:

Vértice

Cometario

X-UTM

Y-UTM

1

Picoto Pequeno de Pousario

549.575,61

4.665.688,55

2

Coto de Marquiño

549.892,14

4.665.369,04

3

Poza de Amieira

549.974,25

4.664.999,23

4

Chans de Abaixo

550.422,59

4.664.740,79

5

Coto de Viernes

551.211,63

4.664.279,13

Liña de deslindamento entre San Xosé de Ribarteme e San Cibrán de Ribarteme:

Vértice

Comentario

X-UTM

Y-UTM

1

Coto de Viernes

551.211,63

4.664.279,13

2

Marca 2 Saramagal

550.965,95

4.663.965,09

3

Marco 3

550.845,01

4.663.807,87

4

Marco 4

550.701,15

4.663.620,05

5

Marco 5

550.524,72

4.663.395,07

6

Muíño da Castiñeira

550.456,31

4.663.306,08

Sexto. Segundo a resolución de clasificación e esbozo do estudo previo, a comunidade de San Xosé de Ribarteme é lindeira coa comunidade de Cerdeira.

Non ocorre o mesmo entre as comunidades de San Xosé de Ribarteme e a de San Cibrán de Ribarteme, que segundo a clasificación non son estremeiras.

Sétimo. O 30.6.2015, o Xurado de MVMC resolve aprobar o deslindamento entre a CMVMC de San Cibrán de Ribarteme e a CMVMC de Cerdeira, expediente PO-DESC-04/15 (DOG número 163, do 27 de agosto), o vértice 1, chamado Coto de Viernes, con coordenadas UTM (ETRS89) X: 551211,63 e Y: 4664279,13, é común ás tres comunidades e aos dous deslindamentos (PO-DESC-04/15 e PO-DESC-04/16).

Oitavo. Segundo este deslindamento e o deslindamento xa aprobado (expediente PO-DESC-04/15) a comunidade de San Xosé de Ribarteme é estremeira polo leste coa comunidade de San Cibrán de Ribarteme.

Tendo en conta todo o anterior, o Servizo de Montes emite informe favorable deste deslindamento, segundo a liña presentada (CSV: 748K9E0G0F2FQYV7) e as coordenadas UTM en ETRS89 do punto quinto deste informe, xunto coa modificación dos respectivos esbozos segundo este deslindamento.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, regula nos artigos 52 a 54 o procedemento de deslindamento de montes veciñais en man común e establece, entre outras, a obriga de publicar a resolución do Xurado no Diario Oficial de Galicia.

Segunda. Da documentación fornecida polas comunidades e do informe técnico do Servizo de Montes desta xefatura territorial conclúese que a avinza entre as CCMMVVMC de Cerdeira, San Xosé de Ribarteme e San Cibrán de Ribarteme é congruente coas respectivas resolucións de clasificación e coas estremas nelas descritas.

Revisada a liña de deslindamento presentada, a documentación achegada e o informe técnico do Servizo de Montes da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra e en atención ao disposto nos artigos 52 a 54 e na disposición transitoria décimo cuarta da Lei 7/2012, de montes de Galicia, este xurado provincial, por unanimidade dos seus membros,

ACORDA:

Primeiro. Aprobar o deslindamento parcial realizado entre a comunidade de montes veciñais en man común de Cerdeira e a de San Xosé de Ribarteme, respecto da súa estrema común, nos termos indicados no feito cuarto, e de acordo cos planos topográficos achegados e validados mediante informe técnico do Servizo de Montes.

Segundo. Notificar este acordo ás comunidades propietarias afectadas e publicalo no Diario Oficial de Galicia para dar cumprimento ao disposto na Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e cos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Pontevedra, 8 de agosto de 2019

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes
Veciñais en Man Común de Pontevedra