Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Mércores, 21 de agosto de 2019 Páx. 37216

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO das bases e da convocatoria dunha praza de enxeñeiro de camiños e dunha praza de mestre electricista.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo nº 256, do 7 de novembro de 2014, foron publicadas integramente as bases xerais para acceso en propiedade a prazas de funcionarios e persoal laboral do Concello de Lugo, en quenda de promoción interna.

Igualmente, no Boletín Oficial da provincia de Lugo nº 39, do 15 de febreiro de 2019, foi publicada unha modificación das ditas bases xerais.

No Boletín Oficial da Provincia de Lugo nº 148, do 29 de xuño de 2019, foron publicadas resolucións relativas á convocatoria e ás bases específicas que rexerán, xunto coas bases xerais mencionadas anteriormente, os seguintes procesos selectivos:

Persoal funcionario:

Decreto número 19005018, do 6 de xuño de 2019: 1 praza de enxeñeiro de camiños; escala: Administración especial; subescala: técnica; clase: superior; grupo de titulación A (subgrupo A1). Sistema selectivo: concurso-oposición. Quenda: promoción interna.

Decreto número 19005019, do 6 de xuño de 2019: 1 praza de mestre/a electricista; escala: Administración especial; subescala: servizos especiais; clase: persoal de oficios; grupo de titulación C (subgrupo C2). Sistema selectivo: concurso-oposición. Quenda: promoción interna.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Lugo, 11 de xullo de 2019

A alcaldesa
P.D. (Decreto 19005684, do 1 de xullo de 2019,
modificado polo Decreto 19005695, do 3 de xullo de 2019)
Mercedes Paula Alvarellos Fondo
Tenente de alcaldesa delegada da Área de Gobernanza:
Economía e Recursos Humanos