De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-CO-1219/2018-PPM e catro máis.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.
As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2-5º da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.
Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira do Mar, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, alínea c), da mesma lei.
A Coruña, 5 de agosto de 2019
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Nº expediente |
DNI/NIF/NIE |
Acto que |
Enderezo |
PSC-CO-1219/2018-PPM |
76969830P |
Resolución |
Taragoña-A Igrexa, 29 A, Rianxo |
PSC-CO-1289/2018-PPM |
53797081N |
Resolución |
Estrada Xeral, 9, Escarabote-Boiro |
PSC-CO-1379/2018-PPM |
52454922H |
Resolución |
Devesa, 136, Escarabote-Boiro |
PSC-CO-1431/2018-PPM |
78801847Y |
Resolución |
Pza. Ketty Quintana, 1-3º A, Cee |
PSC-CO-696/2019-COP |
52452985J |
Resolución |
R/ Galicia, 68, Ribeira |