Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Mércores, 21 de agosto de 2019 Páx. 37217

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Moaña

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan especial de reforma interior (PERI) que desenvolve o solo urbano non consolidado (SUNC) do polígono número 11 do Plan xeral de ordenación municipal, en Sisalde.

O Pleno da Corporación en sesión ordinaria realizada o día 23 de xullo de 2019, acordou aprobar definitivamente o Plan especial de reforma interior (PERI) que desenvolve o solo urbano non consolidado (SUNC) do polígono número 11 do Plan xeral de ordenación municipal, en Sisalde, redactado polo arquitecto José Díaz de la Iglesia.

En virtude do previsto no artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, dáse traslado do acordo á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, para a súa inclusión no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia, achegando un exemplar en soporte dixital, debidamente dilixenciado. O acordo de aprobación definitiva publícase no DOG e a normativa e ordenanzas no BOP de Pontevedra.

De conformidade co artigo 199.4 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro (RLSG), a eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do plan quedan condicionadas ao cumprimento dos anteriores trámites e ao sinalado no artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril (LRBRL), en relación co artigo 65.4 da mesma lei.

Contra o acordo da aprobación definitiva do citado PERI poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Moaña, 12 de agosto de 2019

A alcaldesa
P.D. (Decreto nº 2019-0618)
Marta Freire Riobó
Alcaldesa accidental