Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Luns, 19 de agosto de 2019 Páx. 36914

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 24 de xullo de 2019 pola que se autoriza a apertura e funcionamento do centro autorizado Druida, da Coruña, para impartir as ensinanzas profesionais de danza.

A titular do centro autorizado Druida, da Coruña, solicita autorización de apertura e funcionamento para impartir as ensinanzas profesionais de danza, especialidade de danza clásica.

O Real decreto 303/2010, do 15 de marzo, establece os requisitos mínimos dos centros que impartan ensinanzas artísticas. O Decreto 253/1995, do 29 de setembro, e a Orde do 5 de decembro de 1995, regulan o procedemento para a autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas artísticas; trámites preceptivos iniciados na Xefatura Territorial da Coruña que achega o expediente cos correspondentes informes para a autorización das devanditas ensinanzas.

Por canto antecede, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Autorización de ensinanzas

Autorizar as ensinanzas profesionais de danza, no centro autorizado cuxos datos se sinalan a seguir:

Denominación: CEDA Profesional Druida.

Código do centro: 15033204.

Enderezo: rúa Fernando Macías, 26 baixo.

Localidade: A Coruña.

Concello: A Coruña.

Código postal: 15004.

Provincia: A Coruña.

Titular: Julia Méndez Suárez.

Ensinanzas que se autorizan:

Ensinanzas profesionais de danza, especialidade: danza clásica, para 15 postos escolares.

Artigo 2. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia.

Artigo 3. Inscrición no Rexistro de Centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Modificación da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2019

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional