Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Luns, 19 de agosto de 2019 Páx. 36946

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello do Pino (expediente IN407A 2019/132-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Valiño, 339-340, S.L.

Domicilio social: rúa Valiño, 5, baixo, 15707 Santiago de Compostela.

Denominación: proxecto de instalación eléctrica en MT para a urbanización Lugar de Pedrouzo, fase II.

Situación: lugar de Pedrouzo, 15821 O Pino.

Características técnicas:

Segunda fase da instalación eléctrica de media tensión para a urbanización Lugar de Pedrouzo consistente en:

Liña de media tensión soterrada a 20 kV, con inicio e fin na arqueta situada diante do CT1 (fase I) (expedientes IN407A 2017/15 e IN407A 2019/50), unha vez que entre e saia no CT2, fase II proxectado. Condutor RHZ1 2OL 12/20 kV 3 (1×240 mm2), Al, lonxitude aproximada de 315 m.

Centro de transformación (CT2-fase II) en caseta prefabricada de formigón, con celas prefabricadas de entrada, saída e protección (24 kV, 630 A, 20 kA) e un transformador de 630 kVA, refrixeración natural en baño de aceite mineral e relación de transformación 20 kV/420 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310), e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais, e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación, cuxas características se axustarán en toda as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

O prazo de vixencia da autorización é dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A presente autorización entenderase outorgada, salvo o dereito de propiedade e sen prexuízo do terceiro, e non poderá ser invocada para excluír ou diminuír a responsabilidade civil ou penal na que puider incorrer o beneficiario no exercicio da actividade ou na explotación da instalación autorizada.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e o ambiente.

Contra o presente acordo, que non é definitivo na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 112, 115, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se consideren pertinente.

A Coruña, 6 de agosto de 2019

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña