Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Luns, 19 de agosto de 2019 Páx. 36948

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 23 de xullo de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados no procedemento BS210A (expediente FE-59167 e dous máis).

Logo de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, de conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio deste anuncio notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no dito anexo, ou aos seus representantes, os actos administrativos de citación que se indican.

Para coñeceren o contido íntegro dos actos administrativos que se notifican, as persoas interesadas ou os seus representantes, debidamente acreditados, poderán comparecer no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal, números 7 e 9, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Advírtese que, de non presentarse na data que se estableza na cita para o recoñecemento, e de conformidade co establecido no artigo 27.3 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes, e no artigo 95 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, unha vez transcorridos tres meses sen realizar as actividades necesarias para continuar coa tramitación, producirase a caducidade do procedemento pola paralización imputable á persoa interesada e acordarase o arquivamento das actuacións, logo da resolución que lle será notificada.

A Coruña, 23 de xullo de 2019

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS210A

Número de expediente

DNI

Contido do acto

Data do documento

FE-59167

32698514N

Citación

10.4.2019

SC-77077

32242821H

Citación

21.3.2019

FE-83317

32490992L

Citación

29.4.2019