No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación do acordo de inicio de reintegro no último domicilio coñecido da sociedade sen que esta se puidese efectuar, notifícaselle á persoa representante da empresa citada no anexo para que no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da data de publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, compareza persoalmente ou debidamente representada no Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Vigo, na rúa Concepción Arenal, 8, 2º (das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres), para ter coñecemento do contido daquela, advertíndolle que, de non o facer así, se considerará notificada cos efectos que correspondan.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para alegar o que máis conveña aos seus intereses no prazo de quince (15) días, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, ante a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Pontevedra.
Pontevedra, 1 de agosto de 2019
O xefe territorial de Pontevedra
P.A. (Decreto 135/2017, do 28 de decembro)
Ana Mª Rodríguez Senra
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa e Xestión Económica
ANEXO
Expediente: TR802G-36-022-16.
Empresa: Autorápido, Sociedad Coperativa Gallega.
DNI/NIF: F94143229.
Enderezo: Albelos, nº 76, 36270 Guillarei, Tui (Pontevedra).
Tipo de axuda: fomento do emprendemento en economía social (Programa Aprol-economía social).
Norma reguladora: Orde do 30 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social.
Preceptos infrinxidos: artigos 28.2 e 41.2 da Orde do 30 de xuño de 2016.
Feito imputado: artigo 19 da devandita orde.
Data da resolución de inicio: 28.6.2019.
Contido do acordo de inicio: resolución de inicio do procedemento declarativo de reintegro.
Importe para devolver: 2.062,53 €.