Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Martes, 13 de agosto de 2019 Páx. 36697

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Salamanca

EDICTO (900/2018).

Eu, Manuel J. Marín Madrazo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Salamanca, fago saber que no procedemento ordinario 900/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel de la Rosa Guio contra Fogasa, Lucía Tejedo Muíña e Geconsa ESPJ, se ditou sentenza do 16 de xullo de 2019 co seguinte encabezamento e parte dispositiva:

«Sentenza 259/2019.

Salamanca, 16 de xullo de 2019

Vistos pola maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 2 de Salamanca, María Rosario Alonso Herrero os presentes autos 900/2018 seguidos por instancia de Manuel de la Rosa Guio, como demandante, representado polo letrado Rafael Villa García contra a empresa Geconsa entidade sen personalidade xurídica e Lucía Tejedo Muíña, non comparecidos en autos, e Fogasa representado pola letrada Luisa María López Holgado, como demandados, sobre reclamación de cantidade.

Decidimos:

Que estimando a demanda de reclamación de cantidade deducida por Manuel de la Rosa Guio contra a empresa Geconsa entidade sen personalidade xurídica e Lucía Tejedo Muíña e Fogasa debo condenar e condeno os demandados a aboar solidariamente ao demandante a cantidade de tres mil cento ochenta e tres euros con oitenta e nove céntimos (3.183,89 €) máis os xuros do 10 % anual para os salarios con responsabilidade subsidiaria do Fogasa nos termos legalmente establecidos.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que contra esta poden interpoñer recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Castela e León, con sede en Valladolid, o que deberá ser presentado ante este xulgado dentro dos cinco días hábiles seguintes á súa notificación de comparecencia ou por escrito.

Se a recorrente fose a empresa demandada deberá consignar o importe da condena no Banco Santander desta capital, conta número 3704/0000/65/0900/18, presentando o xustificante neste xulgado no momento do anuncio e depositar a cantidade de 300 euros na referida conta presentando o xustificante neste xulgado no momento do anuncio, poderá substituírse o primeiro dos depósitos mencionados por aval bancario en que conste a responsabilidade solidaria do avalista, e deberá efectuarse, se é o caso, os depósitos de forma separada e acreditarse por xustificantes diferentes.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Lucía Tejedo Muíña, en ignorado paradoiro, e con último domicilio coñecido nas Nogais (Lugo), expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese á destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Salamanca, 18 de xullo de 2019

O letrado da Administración de xustiza