Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Martes, 13 de agosto de 2019 Páx. 36699

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Salamanca

EDICTO (895/2018).

Eu, Manuel J. Marín Madrazo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Salamanca, fago saber que no procedemento de despedimento 895/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rubén Sánchez Manso contra Geconsa, C.B., Lucía Tejedo Muíña e Fogasa sobre despedimento, se ditou sentenza do 16 de xullo de 2019 co seguinte encabezamento e parte dispositiva:

«Sentenza 260/2019.

Salamanca, 16 de xullo de 2019

Vistos pola maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 2 de Salamanca María Rosario Alonso Herrero os presentes autos 895/2018 seguidos por instancia de Rubén Sánchez Manso, como demandante, representado polo letrado Luis María Miguel del Corral Sánchez contra a empresa Geconsa entidade sen personalidade xurídica e Lucía Tejedo Muíña, non comparecidos en autos, e Fogasa representado pola letrada Luisa Mª López Holgado, como demandados, sobre despedimento e cantidade.

Decidimos:

Que estimando no substancial a demanda de despedimento e cantidade deducida por Rubén García Manso contra a empresa Geconsa entidade sen personalidade xurídica e Lucía Tejedo Muíña e Fogasa debo:

1º. Declarar e declaro a improcedencia do despedimento do demandante realizado con efectos do 8 de novembro de 2018 e a extinción da relación laboral na data da presente resolución condenando os empresarios demandados a que aboen solidariamente ao demandante a cantidade de 1.340,79 euros de indemnización e 10.157,5 euros de salarios de tramitación.

2º. Condenar as demandadas a que aboen solidariamente ao demandante a cantidade de tres mil setecentos sesenta euros con noventa e sete céntimos (3.760,97 euros) máis os xuros do 10 % anual.

3º. Todo iso con responsabilidade subsidiaria del Fogasa nos termos legalmente establecidos.

Notifíquese a presente resolución ás partes con indicación que contra esta sentenza cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Castela e León, sede de Valladolid, e deberá ser anunciado tal propósito, mediante comparecencia ou por escrito, ante este xulgado no prazo de cinco días contados desde a súa notificación.

Se a recorrente fose a empresa demandada deberá consignar o importe da condena e, se é o caso, salarios de tramitación no Banco Santander desta capital, conta número 3704/0000/65/0895/18, e depositar a cantidade de 300,00 euros na referida conta presentando os xustificantes neste xulgado no momento do anuncio, poderá substituírse o primeiro dos depósitos mencionados por aval bancario en que conste a responsabilidade solidaria do avalista, e deberá efectuarse, se é o caso, os depósitos de forma separada e acreditarse por xustificantes diferentes.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Lucía Tejedo Muíña, en ignorado paradoiro, e con último domicilio coñecido nas Nogais (Lugo), expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese á destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Salamanca, 18 de xullo de 2019

O letrado da Administración de xustiza