Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Martes, 13 de agosto de 2019 Páx. 36626

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 2 de agosto de 2019 pola que se concede a Medalla Emilia Pardo Bazán para o recoñecemento de accións relevantes en prol da igualdade entre mulleres e homes.

O Decreto 53/2019 prevé a concesión, con carácter anual, de ata un máximo de tres condecoracións, baixo a denominación Medalla Emilia Pardo Bazán, para o recoñecemento de accións relevantes en prol da igualdade entre mulleres e homes, coa finalidade de recoñecer publicamente as accións desenvolvidas na Comunidade Autónoma de Galicia por parte de persoas, colectivos, entidades ou institucións, tanto públicas como privadas, que teñan contribuído e destacado na defensa da igualdade de dereitos e oportunidades entre mulleres e homes.

O artigo 14 do Decreto 53/2019 prevé que a concesión da medalla se efectuará por orde da persoa titular da consellería con competencias en materia de igualdade, a quen lle corresponderá adoptar a decisión de outorgar a medalla ás persoas propostas pola comisión de valoración.

Tendo en conta a proposta efectuada pola comisión de valoración o día 23 de xullo de 2019 e o previsto no artigo antes indicado, mediante esta orde procédese a conceder a Medalla Emilia Pardo Bazán ás persoas e entidades que se indican a seguir.

Por todo o exposto,

DISPOÑO:

Conceder a Medalla Emilia Pardo Bazán a:

– Asociación de Diagnosticados de Cancro de Mama (Adicam).

– Ángeles Carmona Vergara.

– Cooperativas Lácteas Unidas, S.C.G. (CLUN).

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2019

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza