Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Venres, 9 de agosto de 2019 Páx. 36417

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (PO 109/2019).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento PO 109/2019, seguido por instancia de María Elena García Blanco contra Gestión Integral de Situaciones de Emergencias, S.L., sobre reclamación de salarios, vacacións e prazo de aviso previo, ditouse Sentenza número 349/2019, de 3 de xullo, estimando a demanda, e contra a que non cabe recurso. O texto íntegro da resolución está á disposición dos interesados no propio xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Gestión Integral de Situaciones de Emergencias, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza