Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Venres, 9 de agosto de 2019 Páx. 36418

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (PO 773/2018).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento PO 773/2018, seguido por instancia de Ernesto Turiel Freire contra Ventanas Energéticas, S.L., o Instituto Nacional da Seguridade Social e Mutua Fraternidade Muprespa, sobre reclamación de diferenzas salariais, ditouse Sentenza número 354/2019, do 4 de xullo, estimando a demanda, e contra a que non cabe recurso. O texto íntegro da resolución está á disposición dos interesados no propio xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Ventanas Energéticas, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza