Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Venres, 9 de agosto de 2019 Páx. 36416

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (ETX 68/2019).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 68/2019, seguido por instancia de Eloy David Figueroa Sánchez contra Iberian Soul, S.L., sobre reclamación de cantidade, ditouse Decreto do 1 de xullo de 2019 polo que se declarou o executado en situación de insolvencia provisional total e acordouse o arquivamento provisional das actuacións, podendo interpoñer recurso directo de revisión no prazo de tres días. No devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma ao representante legal de Iberian Soul, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza