Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Xoves, 8 de agosto de 2019 Páx. 36214

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Celanova

ANUNCIO de requirimento para a xestión da biomasa (expediente 1149/2019).

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e ao non poder determinarse a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas por causas non imputables ao Concello de Celanova, por este anuncio ponse de manifesto o incumprimento da obriga de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas en relación co inmoble que a continuación de describe, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

Referencia catastral

32025A505052710000MY

Localización

AL Viveiro pl. 00, pt. 01, polígono 505, parcela 5271. Cabanas. 32828 Celanova (Ourense)

Polígono

505

Parcela

5271

Uso

Residencial

En cumprimento do disposto na letra c) do ordinal oitavo da Instrución 1/2018, do 26 de abril (DOG núm. 87, do 7 de maio), publícase este anuncio para os efectos da notificación da comunicación e requirimento para lembrar o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas, cuxo contido será obxecto de publicación no Boletín Oficial del Estado (TEU). A partir desta última publicación comezará a computarse o prazo de quince (15) días naturais para que as persoas responsables cumpran coa obriga da xestión da biomasa e, de ser o caso, da retirada de especies arbóreas prohibidas.

Celanova, 4 de xullo de 2019

Antonio Puga Rodríguez
Alcalde