Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Xoves, 8 de agosto de 2019 Páx. 36192

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 31/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Niurka Formoso Álvarez contra Jesús Liñares Illodo, Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), en reclamación por ordinario, rexistrado co número procedemento ordinario 31/2017 acordouse, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Jesús Liñares Illodo, en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 9 de setembro de 2019, ás 10.40 horas, na planta baixa, sala 3, edificio rúa Berlín, para a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo, podendo comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que tente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, con obxecto de que, trasladada tal intención á demandante, poida esta estar representada tecnicamente por graduado social colexiado, ou representada por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Jesús Liñares Illodo, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial da Galicia e colocación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza