Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Xoves, 8 de agosto de 2019 Páx. 36193

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 64/2018).

Despedimento/cesamentos en xeral (DSP) 64/2018

Sobre: despedimento

Demandante: Manuel Vicente Fajundes Dorelle

Avogada: Cristina Augusta Gómez Lozano

Demandadas: Castromil, S.A., Trapsa, empresa Monforte, S.A., UTE Autobuses Urbanos de Lugo e Trapsa

Avogados: Francisco José Castiñeira Martínez, (...), Francisco José Castiñeira Martínez, Francisco José Castiñeira Martínez

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data no proceso seguido por instancia de Manuel Vicente Fajundes Dorelle contra Castromil, S.A., Trapsa, empresa Monforte, S.A., UTE Autobuses Urbanos de Lugo e Trapsa, en reclamación por despedimento, rexistrado co número de despedimento/cesamentos en xeral 64/2018, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Trapsa, en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 17 de setembro de 2019, ás 9.30 horas, na planta baixa, sala 1, edificio rúa Berlín, para a realización dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderase comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e deberase acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistida de avogado ou representada tecnicamente por graduado social colexiado, ou representada por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que lle sirva de citación a Trapsa, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza