Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Xoves, 8 de agosto de 2019 Páx. 36195

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 10 de xullo de 2019, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican as resolucións ditadas no expediente sancionador en materia de transportes terrestres (expediente XC-00630-I-2018 e un máis).

A persoa titular da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte ditou a resolución do expediente sancionador XC-00630-I-2018 e un máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Son informadas de que nas resolucións dos expedientes sancionadores se considerou que non procedía a imposición de ningunha sanción e que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5 A, 2º, en Santiago de Compostela.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada, ante o director xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2019

Marta Vázquez Sanjurjo
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF persoa sancionada

Infracción cometida

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

XC-00630-I-2018

9704 GDW

73066793W

O incumprimento da obriga de devolver á Administración unha autorización ou licenza de transporte, algunha das súas copias ou calquera outra documentación cando, por ter sido revogada ou por calquera outra causa legal ou regulamentariamente establecida, debería ter sido devolta, sempre que o documento de que se trate conserve aparencia de validez.

27.3.2018; 12.06.00; N-550; 10,200

Artigo 141.1 da LOTT

Artigo 143.1 da LOTT

0 euros

XC-01414-O-2018

1357-KBL

33300889V

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

16.5.2018; 12.05.00; AP-9; 67,0

Artigo 141.25 en relación co artigo 140.1 da LOTT

Artigo 143.1.k).f) da LOTT

0 euros