Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Xoves, 8 de agosto de 2019 Páx. 36197

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 10 de xullo de 2019, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican as resolucións ditadas no expediente sancionador en materia de transportes terrestres (expediente PO-03361-O-2018 e tres máis).

A persoa titular da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte ditou a resolución do expediente sancionador PO-03361-O-2018 e tres máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Son informados de que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5 A, 2º, en Santiago de Compostela.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada, ante o director xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

As sancións impostas foron aboadas anticipadamente cunha redución do seu importe conforme o previsto no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2019

Marta Vázquez Sanjurjo
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF persoa sancionada

Infracción cometida

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

PO-03361-O-2018

8249-JHL

47438342Z

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

7.5.2018; 21.38.00; AP-9; 137,5

Artigo 141.25 en relación co artigo 140.1 da LOTT

Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) LOTT

801 euros

XC-01932-O-2018

6852-KFS

Y1725073H

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

19.6.2018; 9.6.00; DP-0512; 1,49

Artigo 141.25 en relación co artigo 140.1 da LOTT

Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) LOTT

801 euros

XC-02443-O-2018

5216-FBC

78793128G

Carecer dos extintores que resulten obrigatorios en función do vehículo ou da carga transportada, ou dispoñer duns cuxa correcta utilización non estea garantida.

7.8.2018; 10.37.00; N-547; 58,7

Artigo 141.5.3 da LOTT

Artigo 143.1.f) da LOTT

801 euros

XC-02880-O-2018

T-4965-AG

05929497M

O exceso igual ou superior ao 15 por cento e inferior ao 25 % sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 21 %.

9.10.2018; 12.2.00; AP-9; 93,0

Artigo 141.2 da LOTT

Artigo 143.1.f) da LOTT

950 euros