Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Xoves, 8 de agosto de 2019 Páx. 36191

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 81/2019).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 81/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Elena Muñoz del Río contra Daparoan Hosteleros, S.L.U., sobre despedimento, se ditou o Auto do 16 de xullo de 2019, impugnable en reposición no prazo de tres días, o cal está á súa disposición na sede do xulgado.

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Daparoan Hosteleros, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 16 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza