Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Xoves, 8 de agosto de 2019 Páx. 36186

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (1329/2017).

Sarai Paniagua Acera, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, polo presente anuncio:

No presente procedemento de divorcio contencioso 1329/2017 seguido por instancia de Anuncia Lago Costa fronte a Manuel Meijido Vidal ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza número 147.

Vigo, 12 de abril de 2019.

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo e o seu partido, viu os autos seguidos neste xulgado baixo número 1329/2017 sobre disolución do matrimonio por divorcio, en que actúa como demandante Anuncia Lago Costa, representada pola procuradora dos tribunais Mónica Vidal Fernández e con asistencia letrada de Margarita Alonso Martínez, contra Manuel Meijido Vidal, declarado en situación de rebeldía procesual, sobre a base dos seguintes:

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Resolución.

Na demanda interposta pola procuradora dos tribunais Sra. Vidal Fernández, en nome e representación de Anuncia Lago Costa, contra Manuel Meijido Vidal, declarado en situación de rebeldía, estimo esta e declaro disolto, por divorcio, o matrimonio formado polos referidos cónxuxes, con todos os efectos legais inherentes á devandita declaración.

O uso da vivenda e enxoval familiar atribúese á Sra. Lago Costa.

Non se fai unha especial imposición en canto ás custas.

Firme que sexa esta resolución, comuníquese ao Rexistro Civil onde consta a inscrición do matrimonio, co fin de que se proceda á súa anotación marxinal, deixándose constancia de tal circunstancia nos autos.

Modo de impugnación: recurso de apelación no prazo de vinte días, desde a notificación desta resolución, ante a Audiencia Provincial.

O devandito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 da LAC).

Así, por esta miña sentenza, da que se expedirá testemuño para a súa unión aos autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E encontrándose o devandito demandado, Manuel Meijido Vidal, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Vigo, 14 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza