Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Xoves, 8 de agosto de 2019 Páx. 36188

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (ETX 32/2018).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 32/2018, seguido por instancia de María del Carmen Moreda Echave contra Santiago Diéguez Simón, sobre execución da Sentenza 82/2018, do 27 de xuño, se ditou o Auto do 26 de xuño de 2019 no cal se declara extinguida a relación laboral entre ambas as partes e se condena a executada a aboar salarios de trámite e indemnización, e contra o cal se pode interpor recurso de reposición no prazo de tres días. No dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

Para que sirva de notificación en legal forma a Santiago Diéguez Simón, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 2 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza