Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Mércores, 7 de agosto de 2019 Páx. 36102

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO do 9 de xullo de 2019, da Xerencia Municipal de Urbanismo, de aprobación do texto inicial do Convenio urbanístico para a execución do planeamento no ámbito da AOP-21 (expediente 99650/421).

A Xunta de Goberno local do Concello de Vigo, na sesión ordinaria do 11 de abril de 2019, acordou:

Primeiro. Aprobar o texto inicial do Convenio urbanístico de execución do planeamento que se vai subscribir entre o Concello de Vigo e a mercantil Inmobiliaria Frieira 360, S.L. para a execución do AOP-21 do IOP de Vigo.

Segundo. Facultar a concelleira delegada de Urbanismo e vicepresidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo para a sinatura do Convenio; da súa subscrición dará conta individualizada ao Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo e á Xunta de Goberno local.

Terceiro. Unha vez asinado o convenio, someterase ao trámite de información pública, mediante anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia, por un período dun mes. O anuncio indicará o lugar ou punto de acceso electrónico a un enderezo en que se poida consultar o seu contido íntegro; no anuncio constará a identidade das partes.

Cuarto. Tras a información pública, de non presentarse alegacións, o texto inicial aprobado e o documento administrativo asinado entenderase definitivo sen necesidade de nova sinatura nin da súa ratificación pola Xunta de Goberno local, e producirá esta aprobación e a formalización acadada plenos efectos xurídicos. Calquera das partes poderá solicitar a elevación do documento administrativo a escritura pública. O texto íntegro do convenio publicarase no Diario Oficial de Galicia, anotarase no Rexistro de convenios e remitirase copia ao Arquivo de Convenios.

Quinto. A eficacia do dito convenio queda condicionada á aprobación definitiva polo Concello da ordenación provisional en tramitación.

Durante o período de información pública, o expediente atoparase á disposición do público en xeral, na páxina web do Concello de Vigo http://hoxe.vigo.org/movemonos/urbanismo_infra.php?lang=gal#/, no portal de transparencia, así como no departamento municipal de Licenzas da Xerencia de Urbanismo (sito na planta segunda do edificio da Xerencia de Urbanismo, Praza do Rei, s/n), das 9.00 ás 13.30 horas, para a súa consulta e a presentación de cantos documentos ou escritos de alegacións consideren convenientes.

Vigo, 9 de xullo de 2019

O presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo
P.D. (Resolución do 26.6.2019)
María José Caride Estévez
Concelleira delegada da Área de Urbanismo