Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Mércores, 7 de agosto de 2019 Páx. 36104

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO de actas de entrega de diversos treitos de estradas provinciais aos concellos de Pontevedra, Bueu e Covelo.

Co obxecto de dar cumprimento ao establecido no artigo 18.8 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia, procedeuse á publicación, no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 133, do 12 de xullo de 2019, e na páxina web www.depo.gal, do contido das seguintes actas de entrega de treitos de estradas provinciais:

– Acta de entrega ao Concello de Pontevedra das obras de acceso ao Centro Príncipe Felipe (Pontevedra), asinada o día 14 de xuño de 2019.

– Acta de entrega ao Concello de Bueu da estrada provincial EP 1310 rúa Ramón Bares, asinada o día 18 de xuño de 2019.

– Acta de entrega ao Concello de Covelo do treito antigo da estrada provincial EP 5106 Covelo-Barcia de Mera, comprendido entre os puntos quilométricos 6+530 e 7+355, asinada o día 18 de xuño de 2019.

O que se fai público para xeral coñecemento e demais efectos.

Pontevedra, 12 de xullo de 2019

María del Carmen Silva Rego
Presidenta da Deputación Provincial
de Pontevedra

Carlos Cuadrado Romay
Secretario da Deputación Provincial
de Pontevedra