Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Luns, 5 de agosto de 2019 Páx. 35743

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 2019, da Xerencia da Universidade de Santiago de Compostela, pola que se desiste da convocatoria publicada mediante Resolución do 28 de maio de 2019 (Diario Oficial de Galicia do 7 de xuño).

Antecedentes de feito.

Primeiro. O 7 de xuño de 2019 publicouse no Diario Oficial de Galicia (DOG) a Resolución do 28 de maio de 2019 pola que se convoca a provisión, polo procedemento de libre designación, dun posto vacante no cadro de persoal funcionario de administración e servizos.

Segundo. O día 19 de xullo de 2019 recibiuse na Xerencia o informe da xefa do Servizo de Planificación e Programación do Persoal de Administración e Servizos no que manifesta o seguinte:

«1. Que na relación de postos de traballo (RPT) da Universidade de Santiago de Compostela, non existe especificación ningunha de que postos están abertos á provisión por persoal funcionario ou laboral procedente doutras administracións públicas, entendéndose ata o momento en sentido amplo, en tanto non se leve a cabo a especificación prevista no artigo 38 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

2. Que por Resolución do 28 de maio de 2019 anunciouse a convocatoria pública para a provisión polo procedemento de libre designación, do posto de director/a do Arquivo Histórico no Diario Oficial de Galicia (DOG) do 7 de xuño.

3. Esta convocatoria, aténdonos a RPT, elaborouse aberta á participación de calquera funcionario/a desta universidade ou doutra administración pública, sempre que cumpriran os requisitos establecidos no anexo I.

4. Revisando o Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro, polo que se aproban os estatutos da universidade, observo que se incumpre na convocatoria o artigo 152.2 que establece o que segue: “A dirección do Arquivo Universitario será exercida por un funcionario/a da escala de facultativos de arquivos e bibliotecas da Universidade de Santiago de Compostela, especialidade de arquivos, ou de corpos ou escalas equivalentes doutras universidades e administracións públicas, que presten servizos nela. A provisión da praza de director/a realizarase consonte o que se estableza na relación de postos de traballo do persoal de administración e servizos”.

5. A provisión do citado posto, non pode rexerse unicamente polo procedemento establecido na convocatoria publicada seguindo as indicacións da RPT, senón que ten que dar cumprimento aos requirimentos establecidos nos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela.

6. Ao tratarse dun procedemento iniciado de oficio pola administración, e detectado este erro, considero que se dan as causas necesarias para que a Administración desista deste procedemento.

Por todo o exposto neste informe, propoño que se proceda a: á anulación da convocatoria convocada por Resolución do 28 de maio de 2019, á publicación no DOG e taboleiro electrónico desa anulación, e á posterior elaboración dunha nova convocatoria que conteña os requisitos exixidos polo citado artigo 152.2 do estatuto da Universidade».

Terceiro. O prazo de presentación de solicitudes rematou o 28 de xuño de 2019 sen producirse con posterioridade ningún acto administrativo máis en relación con este procedemento.

Fundamentos xurídicos

Primeiro. Os estatutos da Universidade de Santiago de Compostela (Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro; DOG núm. 29, do 12 de febreiro) no artigo 152.2 dispoñen o seguinte: «A dirección do Arquivo Universitario será exercida por un funcionario/a da escala de facultativos de arquivos e bibliotecas da Universidade de Santiago de Compostela, especialidade de arquivos, ou de corpos ou escalas equivalentes doutras universidades e administración públicas, que presten servizos nela. A provisión da praza de director/a realizarase consonte o que se estableza na relación de postos de traballo do persoal de administración e servizos».

Porén, tal e como pon de manifesto o informe da xefa do Servizo de Planificación e Programación do Persoal de Administración e Servizos, a convocatoria efectuada non exixe o cumprimento deste requisito.

Segundo. O artigo 37 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dispón que:

«1. Las resoluciones administrativas de carácter particular no podrán vulnerar lo establecido en una disposición de carácter general, aunque aquellas procedan de un órgano de igual o superior jerarquía al que dictó la disposición general».

Así mesmo, o artigo 48 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dispón que:

«1. Son anulables los actos de la Administración que incurran en cualquier infracción del ordenamiento jurídico, incluso la desviación de poder».

Terceiro. O artigo 93 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións publicas, establece a posibilidade do desistimento da Administración nun procedemento administrativo iniciado de oficio, nos seguintes termos: «En los procedimientos iniciados de oficio, la Administración podrá desistir, motivadamente, en los supuestos y con los requisitos previstos en las leyes».

Pola súa banda, o artigo 35.1.g) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dispón que:

«1. Serán motivados, con sucinta referencia de hechos y fundamentos de derecho:

g) Los actos que acuerden la terminación del procedimiento por la imposibilidad material de continuarlo por causas sobrevenidas, así como los que acuerden el desistimiento por la Administración en procedimientos iniciados de oficio».

O desistimento de oficio por parte da Administración require a xustificación do motivo, de modo que se aclare calquera posible arbitrariedade e se garanta que a actuación administrativa está enfocada ao interese xeral. Citando a Resolución 351/2015 do Tribunal Administrativo de Recursos Contractuais da Xunta de Andalucía con respecto á motivación que «el desistimiento, como potestad discrecional de la Administración, está limitado, como todas las de tal clase, por la norma general imperativa por la cual dicha potestad debe cumplir los fines que le son propios al servicio del bien común y del ordenamiento jurídico, y siempre basándose en los principios de racionalidad y proporcionalidad. Así lo ha puesto de manifiesto en su jurisprudencia el Tribunal Supremo en reiteradísimas ocasiones (sentencias de 16 abril 1999, RJ 1999\4362 de 23 de junio de 2003, RJ 4413, o Sentencia de 21 septiembre 2006 RJ 2006\6437, entre otras muchas)».

O vicio detectado nas bases da convocatoria constitúe unha causa de anulabilidade ao incorrer nunha infracción do disposto nos estatutos da universidade. Por maior abastanza, a continuación do procedemento podería conducir a que as persoas interesadas instasen a vía contencioso-administrativa, e incluso xudicial, na defensa dos seus dereitos dilatando o proceso de cobertura do posto vacante para o que se convocou o procedemento e causando un prexuízo engadido para os intereses da administración, que debe servir con obxectividade aos intereses xerais e que apreciou a necesidade da cobertura do posto vacante.

Sobre a segunda cuestión, existe numerosa xurisprudencia que rexeita a posibilidade de que exista un dano indemnizable a favor das persoas aspirantes en procesos selectivos, ao considerar que non son verdadeiros titulares de dereitos lesionados. Resulta relevante a doutrina do Tribunal Supremo establecida na Sentenza do 16 de xullo de 1982 (EDX 1982/4943) respecto aos procesos selectivos e as expectativas de dereitos. Na citada resolución indícase que para que a Administración non poida volver sobre os seus propios actos é preciso que estes orixinasen, non unha expectativa de dereito, senón un auténtico dereito, que só xorde cando a Administración aprobou a lista provisional de admitidos. Así, a mera presentación dunha instancia solicitando formar parte no procedemento selectivo, sobre cuxa petición a Administración aínda non se pronunciou, non orixina no que a presenta máis que unha expectativa de dereito, e non un auténtico dereito que xorde a partir do momento en que a Administración se pronuncie sobre ela mediante a inclusión na lista provisional de admitidos e excluídos.

Na mesma liña pronúnciase tamén o TSX Madrid na Sentenza do 12 de maio de 2000 (EDX 2000/58248), cando, interpretando a sentenza do TS citada, declara que:

«Dicha sentencia manifiesta que la convocatoria de pruebas selectivas no constituye una oferta que la Administración hace a personas concretas, sino que la oferta se realiza y concreta por quienes se encuentren en la situaciones definidas en la misma y desean tomar parte en las condiciones allí establecidas, de manera que la Administración no se vincula definitivamente hasta que realiza actos de desarrollo de sus bases (como la aprobación de las listas definitivas de aspirantes admitidos) que supongan la aceptación de la oferta concreta realizada, momento a partir del cual surge y se manifiesta el derecho de los interesados a que el proceso se desarrolle conforme a las normas de la convocatoria y, en consecuencia, la sujeción de la administración a los procedimientos de revisión de sus actos declarativos de derechos, pero mientras esta situación de aceptación no se haya producido no cabe hablar de derechos adquiridos, y, por lo tanto, la Administración puede proceder a modificar la convocatoria sin necesidad de ajustarse a tales procedimientos».

No mesmo sentido, a Sentenza núm. 78/2010, do 15 de abril, do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid:

«(…) Al respecto debemos recordar, conforme lo expuesto, que si bien no debe negarse a los participantes en un concurso la titularidad de cualesquiera derechos que puedan resultar lesionados por la tardanza en resolver, tampoco puede negarse que de acuerdo con la doctrina expuesta los participantes en un concurso no tienen sino una expectativa de obtener el cargo o puesto al que aspiran».

Cabe concluír que na confrontación de intereses entre a mera expectativa dos opositores nun proceso selectivo e o interese xeral que representa a Administración debe prevalecer este último, de modo que por parte da Administración é posible acordar, de modo razoado, o desistimento dunha convocatoria en curso con fundamento na exixencia derivada do principio de legalidade que ten que presidir as súas actuacións.

Por todo o exposto, e no exercicio das competencias delegadas que me recoñece a Resolución reitoral do 20 de xuño de 2018 (DOG do 29 de xuño),

RESOLVO:

Primeiro. Desistir do procedemento de provisión polo sistema de libre designación dun posto vacante no cadro de persoal funcionario de administración e servizos, convocado mediante a Resolución do 28 de maio de 2019 (DOG do 7 de xuño) polos motivos expostos nos fundamentos xurídicos desta resolución e, en consecuencia, declarar terminado o procedemento administrativo procedendo ao seu arquivo, sen prexuízo da potestade de iniciar un novo procedemento con esta finalidade.

Segundo. Proceder de oficio á devolución da documentación presentada polas persoas aspirantes.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer o dito recurso contencioso-administrativo mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2019

Antonio Javier Ferreira Fernández
Xerente da Universidade de Santiago de Compostela