Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Venres, 2 de agosto de 2019 Páx. 35697

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 17 de xullo de 2019 pola que se notifica a imposición dunha multa coercitiva (expediente PON/214/2016-RP1).

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 6 de maio de 2019, unha resolución pola que se lle impón unha segunda multa coercitiva (PON/214/2016-B1) derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística número PON/214/2016-RP1 a Ana María Montero Gómez como consecuencia de incumprir o ordenado na Resolución do 18 de xaneiro de 2018, que ordenaba a demolición dunha edificación de dúas plantas e 282 m2 de superficie para uso residencial, na parcela 510 do polígono 4 con referencia catastral 36030A004005100000MT, no lugar de Marco, O Val, no termo municipal de Mondariz, provincia de Pontevedra.

Ao non poder realizar a notificación persoal daquela resolución, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase á interesada a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

En cumprimento, do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, á interesada poderá comparecer, no prazo de dez (10) dias hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanistica sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da dita resolución e constancia del tal coñecemento. Transcorrido o devandito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á via administrativa, a interesada poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, perante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística. Indícaselle que o recurso unicamente será admisible por motivos de infracción do ordenamento inherentes á imposición desta multa coercitiva, e será motivo de inadmisión a reiteración das mesmas razóns que se esgrimiron ou puideron esgrimirse fronte á resolución da que este acordo é un mero acto de execución.

No caso de que non exerza o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso administrativo, no prazo de dous meses, perante o xulgado do contencioso administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso administrativa.

Para que conste e que sirva de notificación á citada interesada en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2019

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística