Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Venres, 2 de agosto de 2019 Páx. 35699

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Nogueira de Ramuín

ANUNCIO de exposición pública do expediente de orde de execución para a xestión da biomasa vexetal (expediente 514/2018).

En cumprimento do previsto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

3. Cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e da retirada de especies arbóreas prohibidas ou resulte infrutuosa a notificación da comunicación a que se refire o número anterior, esta efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, no cal se incluirán os datos catastrais da parcela. Nestes supostos, o prazo para o cumprimento computarase desde a publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Por non poderse efectuar a notificación no domicilio que consta no expediente (por ausente ou descoñecido), faise pública a incoación de expediente de orde de execución polo estado da parcela para a comparecencia dos interesados.

Nº de expediente: 514/2018.

Asunto: parcelas cheas de maleza en solo de núcleo rural.

Parcela 1.

Referencia catastral: DD0301600P619C0001GP.

Titular catastral: María Pérez Gómez (descoñecida).

Parcela 2.

Referencia catastral: DD0301700P619C0001QP.

Titular catastral: descoñecido.

Os interesados dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no BOE, para examinaren o expediente no Departamento de Urbanismo do Concello de Nogueira de Ramuín, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, e, se é o caso, para presentaren alegacións ou calquera escrito en defensa dos seus intereses.

Contra este acto, por tratarse dun acto de trámite, non cabe recurso.

Nogueira de Ramuín, 10 de xullo de 2019

José César Parente Pérez
Alcalde