Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Xoves, 1 de agosto de 2019 Páx. 35585

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Mondoñedo

EDICTO (198/2018).

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«En nome do rei, Cristina Díaz Rodríguez, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Mondoñedo e o seu partido xudicial dita a seguinte sentenza:

Mondoñedo, 1 de xullo de 2019.

Vistos por Cristina Díaz Rodríguez, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Mondoñedo, os autos do xuízo ordinario 198/2018, no cal son partes a demandante, María Blanco Rodríguez, asistida polo letrado señor Puente Ortiz e representada pola procuradora señora Márquez Cabal, e as demandadas, as herdanzas xacentes e os ignorados herdeiros de Aurelia e Consuelo Castro Dorado e Dionisia Zapatero Castro, declaradas en situación de rebeldía procesual,

Resolvo:

Que acepto integramente a demanda interposta pola representación de María Blanco Rodríguez contra as herdanzas xacentes e os herdeiros ignorados de Aurelia e Consuelo Castro Dorado e Dionisia Zapatero Castro e, en consecuencia, declaro a adquisición por parte da demandante do terreo rexistral número 15581, inscrito no tomo 575, libro 149 de Barreiros, folio 148, do Rexistro da Propiedade de Ribadeo-A Fonsagrada; do terreo número 15582, inscrita no tomo 575, libro 149 de Barreiros, folio 151, do Rexistro da Propiedade de Ribadeo-A Fonsagrada; e do terreo número 15583, inscrita no tomo 575, libro 149 de Barreiros, folio 154, do Rexistro da Propiedade de Ribadeo-A Fonsagrada, e acordo a inscrición destes no Rexistro da Propiedade a favor da demandante, con cancelación previa das anteriores inscricións contraditorias.

Impóñense as custas á parte demandada».

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpor recurso de apelación no prazo de 20 días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

E como consecuencia do paradoiro ignorado da herdanza xacente e ignorados e descoñecidos herdeiros de Aurelia e Consuelo Castro Dorado e Dionisia Zapatero Castro, expídese o presente edicto para que sirva de cédula de notificación.

Mondoñedo, 9 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza