Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Mércores, 31 de xullo de 2019 Páx. 35101

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (TCD 17/2014).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento peza de terzaría de dominio 17/2014 0002 deste xulgado do social, seguido por instancia de Baltasar Rodríguez Liste, José Manuel Requeijo Tojo, Juan Carlos Ferro Castro, Jorge Luis Gómez López, Raúl Alexander Bueno Silva, Manuel Zas Oca, Manuel Ramón Calvo Fernández contra Excavacións Migasa, S.L. Fondo de Garantía Salarial, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2019.

Parte dispositiva:

Debo estimar e estimo, para os meros efectos pre-xudiciais, a demanda de terzaría de dominio interposta por Maquinaria J Artuneche, S.L. e Artuneche Distribución, S.L. fronte ás partes deste procedemento de execución de títulos xudiciais número 17/2014 sobre o seguinte ben: semirremolque matrícula C02265R, marca Leciñena, modelo SRG 3 ED, número de bastidor VSR0D0341ML033373; e, en consecuencia, debo declarar e declaro que procede alzar o embargo acordado nas presentes actuacións sobre o referido vehículo.

Lévese testemuño da presente resolución aos autos principais de execución de título xudicial número 17/2014 deste xulgado, para a súa constancia para os efectos oportunos, e en canto sexa firme, procédase ao alzamento do embargo acordado no procedemento referido sobre o seguinte ben: semirremolque matrícula C02265R, marca Leciñena, modelo SRG 3 ED, número de bastidor VSR0D0341ML033373. Expídanse para o efecto os mandamentos oportunos.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de reposición, no prazo dos tres días seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción en que a xuízo do recorrente incorrese a resolución impugnada (artigos 186 e 187 da LXS).

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada. A letrada da Administración de xustiza

Dilixencia: seguidamente cúmprese o ordenado. Dou fe».

Para que sirva de notificación en legal forma a Excavacións Migasa, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza