Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Mércores, 31 de xullo de 2019 Páx. 35476

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 15 de xullo de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se comunica a aprobación do Acordo de reestruturación parcelaria da zona de Santo Estevo de Pol (Pol-Lugo).

Ponse en coñecemento dos interesados na reestruturación parcelaria da zona de Santo Estevo de Pol (Pol-Lugo), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 95/2011, do 12 de maio (DOG núm. 102, do 27 de maio), o seguinte:

Primeiro. Que con data do 27 de xuño de 2019, o director xeral de Desenvolvemento Rural aprobou o Acordo de reestruturación parcelaria da zona de Santo Estevo de Pol (Pol-Lugo).

Segundo. O Acordo de reestruturación seralle notificado individualmente a cada un dos afectados e estará exposto ao público no Concello de Pol. O documento que se pode examinar no dito concello inclúe, entre outros, o plano dos predios resultantes.

Terceiro. De conformidade co disposto no artigo 36 da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, os interesados poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da recepción da notificación individual ou publicación substitutiva.

Os recursos poderanse presentar no Rexistro do Edificio Administrativo de Lugo, situado na rolda da Muralla, 70, Lugo; no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, situado no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela; ou en calquera dos rexistros sinalados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Os planos do acordo están accesibles na internet na páxina web da Consellería do Medio Rural, no seguinte enderezo: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/concentracions-parcelarias-publicacions

Lugo, 15 de xullo de 2019

María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo