Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Mércores, 31 de xullo de 2019 Páx. 35475

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 12 de xullo de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente sancionador ICA-PO-0128/2019-BA e catro máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícase ás persoas interesadas, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os actos administrativos sinalados no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia dos actos notificados quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñeceren o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sito na rúa Mª Victoria Moreno, número 43, Edificio Administrativo, 2º andar (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen compareceren, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Pontevedra, 12 de xullo de 2019

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Denunciado

Acto de notificación

ICA-PO-0128/2019-BA

B27844653

Proposta de resolución

MON-PO-0007/2019-VNA

53614490H

Proposta de resolución

MON-PO-0031/2019-DIS

76785984R

Acordo de incoación

INC-PO-0023/2019-BIO

35984750P

Proposta de resolución

MON-PO-0030/2019-DIA

76842384M

Acordo de incoación