Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Mércores, 31 de xullo de 2019 Páx. 35471

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 10 de xullo de 2019, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunican aos posibles titulares de dereitos e intereses os acordos adoptados por este xurado, relativos a deslindamentos entre montes veciñais en man común (expediente 139/78 e dez máis).

Na sesión celebrada polo xurado o día 25 de xuño de 2019 figuran os seguintes acordos:

Monte de Castrolanzán (expediente 139/78), pertencente aos veciños do lugar de Castrolanzán, da parroquia de Penarrubia, no termo municipal de Baralla, e monte de Biduedo (expediente 133/77), pertencente aos veciños do lugar de Biduedo, da parroquia de Pedrafita de Camporredondo, no termo municipal de Baralla. O 2.4.2019, tivo entrada escrito de Javier Enrique Fernández Fernández, como presidente da comunidade de Castrolanzán, en que achegou un acordo de deslindamento de avinza practicado entre estas comunidades, en canto ás liñas divisorias que separan os dous montes, aprobado mediante acto conciliatorio celebrado perante o Xulgado de Paz de Baralla; xuntan acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación redactada no xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado do devandito deslindamento ao Servizo de Montes, o 8.5.2019 emitiu un informe (núm. 22/19), en que se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia da avinza, nos termos que se describen no dito informe. O monte de Castrolanzán queda cunha superficie de 273,79 hectáreas e o monte de Biduedo, cunha superficie de 115 hectáreas. Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado por avinza e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes respectivos.

Monte de Teixeira de Arriba (expediente 144/78), pertencente aos veciños do lugar de Teixeira de Arriba, da parroquia de Penarrubia, no termo municipal de Baralla, e monte de Biduedo (expediente 133/77), pertencente aos veciños do lugar de Biduedo, da parroquia de Pedrafita de Camporredondo, no termo municipal de Baralla. O 2.4.2019, tivo entrada escrito de Manuel Fernández Gómez, como presidente da comunidade de Teixeira de Arriba, en que achegou un acordo de deslindamento de avinza practicado entre estas comunidades, en canto ás liñas divisorias que separan os dous montes, aprobado mediante acto conciliatorio celebrado perante o Xulgado de Paz de Baralla; xuntan acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación redactada no xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado do devandito deslindamento ao Servizo de Montes, o 10.5.2019 emitiu un informe (núm. 21/19), en que se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia da avinza, nos termos que se describen no dito informe. O monte de Teixeira de Arriba queda cunha superficie de 67 hectáreas e o monte de Biduedo, cunha superficie de 113 hectáreas (tendo en conta a avinza con Castrolanzán). Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado por avinza e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes respectivos.

Monte Santa Cristina e Xaneiras (expediente 62/78), pertencente aos veciños da parroquia de Arxemil, no termo municipal de Sarria, e monte Santa Cristina (expediente 70/78), pertencente aos veciños da parroquia de Requeixo, no termo municipal de Sarria. O 16.5.2019, tivo entrada escrito dos representantes das ditas comunidades, en que achegaron un acordo de deslindamento de avinza practicado entre estas comunidades, en canto ás liñas divisorias que separan os dous montes, aprobado mediante acto conciliatorio celebrado perante o Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Sarria; xuntan acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación levantada no xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado do devandito deslindamento ao Servizo de Montes, o 27.5.2019 emitiu un informe (núm. 34/19), en que se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia da avinza, nos termos que se describen no dito informe. O monte Santa Cristina e Xaneiras queda cunha superficie de 102 hectáreas e o monte Santa Cristina, cunha superficie de 15 hectáreas. Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado por avinza e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes respectivos.

Monte de Nocedo (expediente 29/73), pertencente aos veciños da parroquia de Nocedo, no termo municipal de Quiroga, e monte Lor (marxe esquerda) (expediente 31/73), pertencente aos veciños dos lugares do Carballo de Lor, Margaride, O Pacio, Paradela, Pozos, Riomaior, O Sobrado, A Trampilla e O Xanelo, da parroquia de Quintá de Lor, no termo municipal de Quiroga. O 25.3.2019, tivo entrada escrito do representante da comunidade de Nocedo, en que achegou un acordo de deslindamento de avinza practicado entre estas comunidades, en canto ás liñas divisorias que separan os dous montes, aprobado mediante acto conciliatorio celebrado perante o Xulgado de Paz de Quiroga; xuntan acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación redactada no xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado do devandito deslindamento ao Servizo de Montes, o 29.5.2019 emitiu un informe (núm. 18/19), en que se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia da avinza, nos termos que se describen no dito informe. O monte de Nocedo queda cunha superficie de 908 hectáreas e o monte Lor (marxe esquerda), cunha superficie de 684 hectáreas. Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado por avinza e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes respectivos.

Monte Pena, Cruz da Aguieira e San Marcos (expediente 66/78), pertencente aos veciños da parroquia de Goián, no termo municipal de Sarria, e monte Costa do Páramo (expediente 12/80), pertencente aos veciños da parroquia da Torre, no termo municipal do Páramo. O 3.5.2019, tivo entrada escrito de José Carlos López Pérez, como presidente da comunidade de Goián, en que achegou un acordo de deslindamento de avinza practicado entre estas comunidades, en canto ás liñas divisorias que separan os dous montes, aprobado mediante acto conciliatorio celebrado perante o Xulgado de Paz do Páramo; xuntan acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación redactada no xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado do devandito deslindamento ao Servizo de Montes, o 23.5.2019 emitiu un informe (núm. 29/19), en que se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia da avinza, nos termos que se describen no dito informe. O monte Pena, Cruz da Aguieira e San Marcos queda cunha superficie de 141 hectáreas, e o monte Costa do Páramo, cunha superficie de 168 hectáreas. Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado por avinza e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes respectivos.

Monte Argán de Vilarente (expediente 126/77), pertencente aos veciños dos lugares da Touceira, Vilar, Fabega, Cabaza e O Rego das Pedras, da parroquia de Seivane de Vilarente, no termo municipal de Abadín, e monte Argán de Corvite, Curros da Chimenea e Veiga da Laxe (expediente 117/77), pertencente aos veciños da parroquia de Corvite, no termo municipal de Abadín. O 27.11.2018, tivo entrada escrito de María Isabel López Rouco, en representación da comunidade de Argán de Vilarente, en que achegou un acordo de deslindamento de avinza practicado entre estas comunidades, en canto ás liñas divisorias que separan os dous montes, aprobado mediante acto conciliatorio celebrado perante o Xulgado de Paz de Abadín; xuntan acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación redactada no xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado do devandito deslindamento ao Servizo de Montes, o 12.6.2019 emitiu un informe (núm. 98/18), en que se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia da avinza, nos termos que se describen no dito informe. O monte Argán de Vilarente queda cunha superficie de 78 hectáreas, e o monte A Touceira, Vilar, Fabega, Cabaza e O Rego das Pedras, cunha superficie de 40,21 hectáreas. Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado por avinza, e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes respectivos.

Contra os estes acordos, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 10 de xullo de 2019

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Lugo