Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Luns, 29 de xullo de 2019 Páx. 34763

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 17 de xullo de 2019 polo que se fai pública a resolución pola que se aproba o expediente de información pública e definitivamente o documento básico da mellora e integración paisaxística das entradas dos Camiños de Santiago en Santiago de Compostela, ámbito: Camiño Francés (clave AC/17/012.10.2).

Con data do 17 de xullo de 2019, a Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas, por delegación da Conselleira de Infraestruturas e Vivenda (Orde do 4 de febreiro de 2013, Diario Oficial de Galicia do 20 de febreiro), visto o informe da análise das alegacións, resolveu o seguinte:

Antecedentes de feito.

Primeiro. Con data do 23 de novembro de 2018 publicouse no Diario Oficial de Galicia (núm. 224) o Anuncio do 14 de novembro de 2018 polo que se somete ao trámite de información pública o documento básico da mellora e integración paisaxística das entradas dos Camiños de Santiago en Santiago de Compostela, ámbito: Camiño Francés, de clave AC/17/012.10.2, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Segundo. Durante todo o trámite de información pública non se presentaron alegacións, só certificados, e procedeuse á súa valoración.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. O artigo 80 da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia (DOG do 16 de maio de 2018), determina que a aprobación da delimitación dos Camiños de Santiago levará implícita a declaración de interese social e a de necesidade de ocupación dos bens e adquisición de dereitos para os fins de expropiación forzosa, de ocupación temporal ou de imposición ou modificación de servidumes tanto dos tramos necesarios para a funcionalidade da traza coma dos bens localizados no seu ámbito delimitado necesarios para a conservación, protección ou servizo do Camiño.

Segundo. De acordo co establecido nos artigos 18 e seguintes da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa, e os concordantes do seu regulamento, someteuse ao trámite de información pública a relación de bens e dereitos necesarios para a execución do documento básico, durante un período de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

De acordo con todo o exposto, e tras ter soamente certificados presentados polos organismos oficiais competentes,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar definitivamente o expediente de información pública, así como o documento básico da mellora e integración paisaxística das entradas dos Camiños de Santiago en Santiago de Compostela, ámbito: Camiño Francés, de clave AC/17/012.10.2, que contén a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados; mantendo o trazado proposto como definitivo.

Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2019

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas