Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Luns, 29 de xullo de 2019 Páx. 34761

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 15 de xullo de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do recurso de alzada do expediente PSC-CO-762/2018-ORS e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do recurso de alzada dos expedientes PSC-CO-762/2018-ORS e un máis.

En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2-5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Contra a resolución do expediente, que pon fin á vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o órgano xudicial competente da orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa comparecencia ou da publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto nos artigos 25 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 15 de xullo de 2019

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que
se notifica

Enderezo

PSC-CO-762/2018-ORS

B70242722

Alzada

Trav. Igrexa, edif. V. de Loreto, Porto do Son

PSC-CO-1113/2018-ORS

76505065

Alzada

Curros Enríquez, 31-3º H, Sada