Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Venres, 26 de xullo de 2019 Páx. 34486

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 53/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 53/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Flora Gómez Outeiral contra a empresa Tómate Más Fruta, S.L., sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Decido que, estimando integramente a demanda interposta por María Flora Gómez Outeiral contra Tómate Más Fruta, S.L., debo condenar e condeno a mercantil demandada Tómate Más Fruta, S.L. a aboarlle á demandante a suma de 2.272,65 euros brutos polos conceptos indicados no feito probado cuarto desta sentenza, incrementada cos xuros previstos no artigo 29.3 do ET desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución respecto dos conceptos salariais que comportan 655,57 euros brutos, e os xuros do artigo 1108 do Código civil desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución respecto da compensación económica de vacacións que comporta 1.617,08 euros brutos.

Notifíquese ás partes a presente resolución, facéndolles saber que fronte a ela non cabe recurso.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Tómate Más Fruta, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza