Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 24 de xullo de 2019 Páx. 34213

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2019, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se veda a pesca nun tramo do río Furelos e no rego de Reboredo, nos concellos de Santiso e Melide.

Antecedentes.

Con data do 18 de xullo de 2019, o Servizo Provincial de Patrimonio Natural da Coruña propón a veda do río Furelos, desde o río Ulla na Pontenova (en Santiso) ata a confluencia co rego de Reboredo (en Melide), e do rego de Reboredo nos concellos de Santiso e Melide na Coruña. Esta proposta fundaméntase no impacto causado por unha vertedura acontecida o 12 de xullo de 2019.

Consideracións legais.

Esta dirección xeral é competente para a adopción de medidas excepcionais de conformidade co disposto no artigo 9 da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial, e no artigo 48 do Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais (Decreto 130/1997, do 14 de maio).

Resolución.

De conformidade co anterior, resolvo vedar a pesca de calquera especie no río Furelos desde o río Ulla en Pontenova (en Santiso), con coordenadas X=579721.75 Y=4744297.08, sistema ETRS89, proxección UTM-29N, ata a confluencia co rego de Reboredo (en Melide), con coordenadas X=581065.70 Y=4749293.5, sistema ETRS89, proxección UTM-29N, dunha lonxitude aproximada de 8,03 km, incluída a veda na totalidade do rego de Reboredo desde o Polígono industrial da Madanela, dunha lonxitude de 2,39 km, con coordenadas X=582893.62 Y=4749836,33, sistema ETRS89, proxección UTM-29N, así como nos regos, regatos e afluentes do rego de Reboredo.

A resolución que anule a presente veda estará condicionada ao resultado dos estudos sobre o estado ecolóxico do río. No caso de ser preciso, a veda manterase ata a entrada en vigor da normativa de pesca fluvial da tempada 2020.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2019

Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Patrimonio Natural