Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 24 de xullo de 2019 Páx. 34204

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se resolven as subvencións previstas na Resolución do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria no ano 2019.

Mediante a Resolución do 21 de decembro de 2018, da Secretaría Xeral da Igualdade (DOG núm. 18, do 25 de xaneiro de 2019), establecéronse as bases reguladoras e convocáronse para o ano 2019 as subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade.

No DOG núm. 99, do 27 de maio, publicouse a Resolución do 7 de maio de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se resolven as solicitudes de subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, convocadas pola Resolución do 21 de decembro de 2018, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020 (SI427A). No anexo II da Resolución do 7 de maio de 2019 figuraban as 33 entidades que, cumprindo os requisitos para ser beneficiarias das axudas, non se incluíron na proposta de concesión por terse esgotado o crédito dispoñible, para seren atendidas, de ser o caso, a través do crédito que quede sen comprometer por producirse algunha renuncia, por modificación nos proxectos inicialmente presentados ou por un incremento do crédito orzamentario dispoñible destinado a estas subvencións.

Mediante a Resolución do 2 de xullo de 2019, da Secretaria Xeral da Igualdade (DOG núm. 132, do 12 de xullo), ampliouse a dotación orzamentaria da Resolución do 21 de decembro de 2018, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria no ano 2019. O incremento da dotación é de 429.477,34 euros con cargo á aplicación orzamentaria 05.11.313B.481.2, código de proxecto 2015 00142.

Segundo o artigo 14.3 das bases reguladoras, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva e de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as resolucións destas subvencións serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación.

Unha vez rematada a fase de instrución das solicitudes recibidas na Secretaría Xeral da Igualdade, avaliadas as solicitudes pola comisión de valoración prevista no artigo 12.2 das bases reguladoras, vista a proposta de resolución formulada polo órgano instrutor e tendo en conta as dispoñibilidades orzamentarias,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder, logo da ampliación do crédito destinado a estas axudas, as subvencións para o desenvolvemento de programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade ás 33 entidades que quedaron en lista de espera mediante a Resolución do 7 de maio de 2019 e que se indican no anexo I, por un importe total de 431.402,68 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 05.11.313B.481.2 e código de proxecto 2015 00142.

Estas subvencións están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, nunha porcentaxe do 80 %, a través do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, no obxectivo temático 9: promover a inclusión social, loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación, prioridade de investimento 9.3: loita contra toda forma de discriminación e fomento da igualdade de oportunidades, obxectivo específico 9.3.1: aumentar a integración socio-laboral das persoas pertencentes a colectivos máis vulnerables, a través de actuacións que fomenten a igualdade de xénero e a conciliación da vida persoal e laboral, evitando pola súa vez a discriminación múltiple.

Segundo. De acordo co establecido no artigo 14.4 das bases reguladoras, unha vez notificada a resolución de concesión, a entidade beneficiaria deberá comunicar no prazo de dez (10) días a súa aceptación, e comprometerse a executar o programa ou actuación subvencionada no prazo e nas condicións establecidas na convocatoria. No caso de non comunicar o dito aspecto no prazo indicado, entenderase tacitamente aceptada.

Terceiro. Informar as entidades beneficiarias que a aceptación da subvención comunitaria implicará a súa aparición na lista pública de operacións cos nomes das beneficiarias, no suposto de seren entidades xurídicas, así como a outra información recollida no anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013, en relación co artigo 115.2 da mesma norma xurídica.

Cuarto. Segundo o artigo 3 das bases reguladoras, estas subvencións son incompatibles con calquera outra axuda pública para a mesma actuación ou actividade.

Quinto. De conformidade co artigo 18.2 das bases reguladoras, realizarase un primeiro pagamento do 80 % da contía da subvención concedida, en concepto de pagamento anticipado, que se fará efectivo unha vez notificada a resolución de concesión. O 20 % restante, ou a parte que corresponda, librarase logo de que as entidades beneficiarias xustifiquen o cumprimento da finalidade para a cal se concedeu a subvención e as demais condicións exixidas na Resolución do 21 de decembro de 2018.

Sexto. A data límite de presentación da documentación xustificativa da realización do programa subvencionado, de acordo co artigo 17.1 das bases reguladoras, é o 10 de outubro de 2019.

As actuacións correspondentes aos programas subvencionados xustificaranse a través das modalidades de custos simplificados previstas nos artigos 67, 68, 68 bis e 68 ter do Regulamento (UE) nº 1303/2013, modificado polo Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046, segundo módulo ou custo unitario por hora efectivamente traballada, calculado sobre o custo directo de persoal máis un 20 % en concepto de gastos directos e indirectos derivados do programa.

O período de referencia para o desenvolvemento do programa e para a imputación dos gastos subvencionables é o comprendido entre o 1 de outubro de 2018 e o 30 de setembro de 2019.

Sétimo. As entidades beneficiarias deberán cumprir, en todo caso, cos requisitos e obrigas exixidos nos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como coas condicións e obrigas establecidas no artigo 19 das bases reguladoras e demais que resulten exixibles segundo a normativa de aplicación e, en particular, as seguintes:

– Destinar os fondos percibidos ao obxecto concreto para o cal foron concedidos, executar e acreditar a realización do programa, actuacións e actividades que fundamentan a concesión da subvención dentro do período e prazos establecidos na Resolución do 21 de decembro de 2018, así como o cumprimento dos requisitos, condicións e obrigas que resultan da normativa de aplicación.

– Manter unha pista de auditoría suficiente, dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á entidade beneficiaria, manter de forma separada na contabilidade os ingresos da axuda percibida e conservar toda a documentación relativa á subvención durante, polo menos, un período de tres anos, a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas en que estean incluídos os gastos da operación ante a Comisión Europea. O comezo deste prazo será oportunamente comunicado polo organismo intermedio do programa operativo FSE Galicia 2014-2020 (actualmente, a Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos).

– Dar cumprimento á obriga de dar adecuada publicidade do carácter público do financiamento en todas as actuacións que deriven da execución do proxecto, en cumprimento do artigo 15.3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e no anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, modificado polo Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046. Así, en todo tipo de publicidade e información relativos á actuación e actividades subvencionadas terá que constar a condición de subvencionada pola Secretaría Xeral da Igualdade e polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020.

En todo caso, nos espazos de atención ás usuarias e nas comunicacións contarán co emblema da Unión Europea coa referencia ao Fondo Social Europeo, e nos lugares de realización da actuación informarase do apoio dos fondos a través dun cartel dun tamaño mínimo A3 nun lugar destacado e visible. Tamén se informará na páxina web, no caso de dispoñer dela, sobre o proxecto e a axuda financeira recibida da Unión Europea e sobre os obxectivos e resultados da operación financiada.

– Informar as persoas destinatarias de que as actuacións en que participan están financiadas pola Xunta de Galicia (Secretaría Xeral da Igualdade) e polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, así como dos obxectivos dos fondos. Os emblemas deberán figurar, como mínimo, en todo o material e nos documentos que se utilicen ou entreguen ás usuarias ou participantes.

– Adecuar a metodoloxía de recollida e proceso de datos de seguimento e de acreditación da realización da actividade de persoas beneficiarias ás fórmulas requiridas a través da aplicación Participa 1420, realizando as actuacións precisas para recoller a información suficiente relativa ao desenvolvemento das actuacións que permita dar cumprimento aos requisitos de información a través de indicadores de produtividade e resultados, enumerados no artigo 5 do Regulamento (UE) nº 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo ao FSE. Neste senso, na súa cobertura deberá respectarse o principio de integridade dos datos.

Os datos dos indicadores de produtividade relativos ás entidades e ás persoas participantes referiranse á situación previa á súa participación no programa dentro do período subvencionable, mentres que os indicadores de resultado inmediato deberán referirse á situación dentro das catro semanas seguintes á finalización da súa participación nese período. Así mesmo, a Administración poderá requirir a actualización destes datos no prazo de seis meses desde que finalice esta actividade, coa finalidade de formalizar os indicadores de resultado a longo prazo descritos no antedito regulamento. Para estes efectos, facilitaráselles ás entidades beneficiarias o acceso á aplicación Participa 1420.

Para dar cumprimento a estes requisitos de información, as entidades beneficiarias deberán introducir os datos do perfil cos indicadores de produtividade e de resultado das persoas participantes na aplicación Participa 1420. Así mesmo, as entidades beneficiarias deberán custodiar a ficha individualizada de seguimento cos indicadores de produtividade, máis a dos de resultado inmediato de cada unha das persoas participantes, asinada pola participante e pola persoa responsable do programa, segundo o modelo dispoñible na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade.

– Dar cumprimento á normativa de protección de datos persoais, en concreto ao disposto no Regulamento (UE) nº 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais (Regulamento xeral de protección de datos) e demais normativa concordante.

Os datos persoais das persoas usuarias participantes nas actuacións subvencionadas serán tratadas pola Xunta de Galicia-Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Secretaría Xeral de Igualdade) na súa condición de responsable, coa finalidade de xestionar o adecuado desenvolvemento desta resolución e poderán ser comunicados ás administracións públicas competentes cando sexa necesario para a tramitación do procedemento, aos organismos financiadores e ás entidades colaboradoras na xestión do proxecto. A base lexitimadora do tratamento é o cumprimento dunha misión realizada en interese público, a prestación de asistencia de tipo social e o consentimento das persoas interesadas, que poderán solicitar o acceso, a rectificación e a supresión dos seus datos, así como exercer outros dereitos ou retirar, de ser o caso, o consentimento outorgado a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se detalla en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos. Contacto delegado/a de protección de datos e información adicional en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos.

As entidades beneficiarias da subvención serán responsables de informar de maneira fidedigna as destinatarias finais do tratamento que levarán a cabo sobre os seus datos, conforme o especificado no artigo 13 do Regulamento xeral de protección de datos, así como dos aspectos incluídos no parágrafo anterior, para o cal solicitarán o seu consentimento explícito. Así mesmo, as entidades beneficiarias serán responsables de custodiar a documentación que acredite o cumprimento destas obrigacións.

– Comunicarlle ao órgano concedente calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidos polas entidades beneficiarias e, de ser o caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas para a mesma finalidade procedentes de calquera Administración ou ente público nacional ou internacional.

– Facilitar toda a información requirida pola Secretaría Xeral da Igualdade, polos órganos verificadores que se establezan en aplicación dos artigos 72, 73 e 74 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, así como pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas e outros órganos de control impostos pola normativa comunitaria no exercicio das súas funcións de fiscalización e control.

– Someterse ás actuacións de comprobación que poida efectuar a Secretaría Xeral da Igualdade, así como a calquera outra actuación de control que poidan realizar os órganos competentes, tanto autonómicos como estatais ou comunitarios, para o cal achegará canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores. En especial, por tratarse de axudas cofinanciadas polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, a entidade beneficiaria quedará sometida ás verificacións que poidan realizar os organismos implicados na xestión e seguimento do FSE, que incluirán as oportunas visitas sobre o terreo.

No artigo 21 das bases reguladoras establécense os criterios de gradación dos posibles incumprimentos para determinar a cantidade que se minorará ou reintegrará.

Oitavo. Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a secretaria xeral da Igualdade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao desta publicación, de conformidade co establecido nos artigos 112, 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao desta publicación, de acordo co establecido nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2019

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade

ANEXO I

Concesións

Nº expte.

Entidade

NIF

Denominación do programa

Contía
solicitada

Nº horas totais
imputadas ao
programa

Gasto
subvencionable

Nº mínimo usuarias

Nº mínimo usuarias
con atención continuada

Puntos

Tramo

Importe concesión

SI427A 2019/67

Asociación para a Prevención e a Educación Social-APES

G32383549

Sermuller.es

5.954,22

285,00

5.954,22

7

4

66,00

70 %

4.167,95

SI427A 2019/15

Asociación Punto Delas-Secretaría das Mulleres

G70370119

Punto Delas

40.000,00

2.840,00

59.333,28

66

40

65,00

70 %

40.000,00

SI427A 2019/24

Asociación Dignidad Galicia

G15500853

Acompañamento social a mulleres en situación de exclusión social

49.054,41

2.348,00

49.054,42

55

33

64,00

60 %

29.432,65

SI427A 2019/72

Asociación Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo

G36928646

Xuntas

8.078,24

464,00

9.693,89

11

7

64,00

60 %

5.816,33

SI427A 2019/18

Asociación pola Igualdade e a Coeducación-Apico

G94088549

Programa Apico 2018/19 Plan de loita, información e apoio integral para vítimas de violencia de xénero

40.000,00

1.980,00

41.366,16

46

28

63,00

60 %

24.819,70

SI427A 2019/21

Asociación de Mulleres Arandeira

G32261679

Programa de empoderamento e atención integral ás mulleres do rural

18.837,62

1.082,00

22.605,14

25

15

63,00

60 %

13.563,08

SI427A 2019/34

Fundación Érguete-Integración

G36861078

Proxecto E.V.A. (emprego-visibilidade-autonomía)

39.899,90

1.910,00

39.903,72

44

26

63,00

60 %

23.942,23

SI427A 2019/66

Asociación Antonio Noche

G15210388

Confeccionando o teu futuro

39.990,92

2.033,00

39.991,79

47

28

62,00

60 %

23.995,07

SI427A 2019/48

Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia-FAXPG

G15068091

Recursos especializados para mulleres xordas

20.722,88

992,00

20.724,86

23

14

62,00

60 %

12.434,92

SI427A 2019/57

Confederación Galega de Persoas con Discapacidade-COGAMI

G32115941

Servizo de atención especializada á muller con discapacidade

40.000,00

3.180,00

66.436,56

74

44

61,00

60 %

39.861,94

SI427A 2019/47

Andaina Pro Saúde Mental

G70264999

Atención integral no ámbito da saúde mental para o empoderamento das mulleres no rural

24.274,18

1.162,00

24.276,50

27

16

58,00

60 %

14.565,90

SI427A 2019/29

Asociación Saúde Mental A Creba

G15476310

Apoio integral a mulleres con doenzas mentais procedentes do medio rural

13.023,19

646,00

13.044,60

15

9

58,00

60 %

7.826,76

SI427A 2019/12

Asociación Íntegro das Persoas con Diversidade Funcional da Costa da Morte

G15173263

PIMD rural

22.935,00

1.098,00

22.939,42

26

16

58,00

60 %

13.763,65

SI427A 2019/28

Fundación Ronsel

G15752660

Zulia, empoderamento da muller venezolana a través do emprendemento e da creación de redes

13.474,05

645,00

13.475,34

16

10

58,00

60 %

8.085,20

SI427A 2019/08

Asociación de Viudas María Andrea

G32014334

Apoiando na soidade

24.023,50

1.150,00

24.025,80

27

16

57,00

60 %

14.415,48

SI427A 2019/49

CIMO-Entidade Prestadora de Servizos

G32010449

Actívate

1.786,09

85,50

1.786,27

2

1

56,00

60 %

1.071,76

SI427A 2019/38

Asociación Nós Mesmas

G27718907

Servizo Nós Mesmas: orientación, formación e asesoramento social, psicolóxico e laboral a mulleres LBT

22.855,80

1.094,00

22.855,85

25

15

55,00

60 %

13.713,51

SI427A 2019/27

Down Ourense

G32311870

Programa integral dirixido a mulleres coa síndrome de Down para favorecer a súa inclusión

11.978,08

688,00

14.373,70

16

10

54,00

50 %

7.186,85

SI427A 2019/63

Cruz Vermella Española

Q2866001G

Primeira infancia: apoio á crianza de 0 a 3 anos

11.908,44

570,00

11.908,44

13

8

53,00

50 %

5.954,22

SI427A 2019/33

Asociación Síndrome de Down Lugo

G27202043

Fortalecemento de capacidades persoais e sociais das mulleres do colectivo Down da provincia de Lugo

29.642,91

1.419,00

29.645,75

33

20

52,00

50 %

14.822,88

SI427A 2019/16

Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña

G27262799

Coidando de min III

13.557,61

649,00

13.558,91

15

9

52,00

50 %

6.779,46

SI427A 2019/59

Asociación de Amigos da Cultura e do Ocio Aires Nosos

G32369696

Programa Senectus IV

8.356,00

400,00

8.356,80

9

5

52,00

50 %

4.178,40

SI427A 2019/77

Federación EFA Galicia

G15299357

Mulleres con proxecto 2019

18.800,00

1.404,00

29.332,37

33

20

51,00

50 %

14.666,19

SI427A 2019/71

Asociación Down Coruña

G15731466

Espazos de escoita

1.692,09

81,00

1.692,25

2

1

51,00

50 %

846,13

SI427A 2019/02

Alar Galicia

G15775901

Programa Súmate

37.904,00

1.920,00

36.387,84

45

27

50,00

50 %

18.193,92

SI427A 2019/01

Asociación Cultural Os Tres Reinos

G32345274

Por Elas: programa de recursos integrais de atención personalizada e especializada para mulleres en situación de especial vulnerabilidade

15.320,80

880,00

18.384,96

20

12

48,00

50 %

9.192,48

SI427A 2019/37

Asociación Participacción

G32477127

Abrindo cancelas con flores

12.534,00

600,00

12.535,20

14

8

48,00

50 %

6.267,60

SI427A 2019/30

Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao

G15969868

Coñece os teus dereitos e obrigas

10.529,56

504,00

10.529,57

12

7

46,00

50 %

5.264,79

SI427A 2019/61

Asociación Faraxa pola Abolición da Prostitución

G27728658

Proxecto Importas II

21.644,11

1.036,00

21.644,11

24

14

42,00

40 %

8.657,64

SI427A 2019/56

Asociación Veciñal As Termas

G32334989

Espazo de apoio integral ás mulleres

13.369,00

640,00

13.370,88

15

9

40,00

40 %

5.348,35

SI427A 2019/58

Agrupación de Asociacións Veciñais do Rural e Periferia de Ourense Miño

G32408023

Rede veciñal de mulleres

15.667,50

750,00

15.669,00

17

10

40,00

40 %

6.267,60

SI427A 2019/36

Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela

R1500053B

Programa materno-infantil

40.000,00

1.720,00

35.934,24

40

24

38,00

40 %

14.373,70

SI427A 2019/04

Aspnais

G27018365

Autodeterminación e empoderamento para a igualdade de mulleres con discapacidade intelectual

29.811,66

1.494,00

29.815,85

35

21

36,00

40 %

11.926,34