Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 23 de xullo de 2019 Páx. 34151

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Outeiro de Rei (expediente IN407A 2019-13 AT).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturiana, S.A.

Domicilio social: polígono empresarial As Gándaras, parcela U2, rúa Ramón María Aller Ulloa, nº 9, 27003 Lugo.

Denominación: reforma y telecontrol CD 1586 Ramil 2, Buxán.

Situación: concello de Outeiro de Rei.

Características técnicas:

Reforma do CD (1586) Ramil 2, para unha potencia máxima admisible de 630 kVA e unha potencia instalada de 160 kVA, consistente en:

Obra civil.

– Construción de lousa de formigón con mallazo equipotencial no chan da planta baixa do edificio, realización de canles de cables, depósito de recollida de aceite, instalación dunha nova porta de entrada, instalación de anteparos de protección e pintado de paredes, teito e chan.

Obra eléctrica.

– Liña soterrada de media tensión Augas con orixe nunha cela de liña proxectada no CT Ramil 2 e final nunha conversión na LMT aérea Augas na fachada do edificio do CT, cunha lonxitude de 25 metros en condutor tipo RHZ1-150.

– Liña soterrada de media tensión Piago con orixe nunha cela de protección automático con interruptor proxectada no CT Ramil 2 e final nunha conversión na LMT aérea Piago na fachada do edificio do CT, cunha lonxitude de 12 metros en condutor tipo RHZ1-150.

– Liña soterrada de media tensión Ombreiro con orixe nunha cela de protección con interruptor automático proxectada no CT Ramil 2 e final na LMT soterrada Ombreiro no edificio do CT Ramil 2, cunha lonxitude de 8 metros en condutor tipo RHZ1-150.

– Líña soterrada de media tensión CT Telleira (6932) con orixe nunha cela de protección proxectada no CT Ramil 2 e final nunha conversión na LMT aérea a CT Telleira (6932), cunha lonxitude de 25 metros en condutor tipo RHZ1-150.

– Cambio de localización do transformador existente de 160 kVA, que pasa a situarse na planta baixa do edificio, instalación dunha cela de protección de transformador, desmontaxe da aparellaxe e embarrado ao aire de media tensión.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, no Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se crea e se establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e de construción das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte o da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Lugo, 16 de xullo de 2019

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo