Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 22 de xullo de 2019 Páx. 33985

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 823/2017).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 823/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana María López Ferreiro contra a empresa Tatiane Souza Barros, Barraxán, S.C., Esteban Vázquez Picallo, Fogasa e Walter Omar Vadell López, sobre ordinario, se ditou a sentenza cuxa resolución é do teor literal seguinte:

«Resolvo que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Ana María López Ferreiro contra a entidade Barrañán, S.C. –Barraxán, S.C.–, Tatiane Souza Barros e Walter Omar Vadell López e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Barrañán, S.C. –Barraxán, S.C– e, de modo subsidiario, a Tatiane Souza Barros e Walter Omar Vadell López a que lle aboen á demandante a cantidade de 886,22 euros brutos en concepto de cantidades debidas por salarios devindicados durante a súa relación laboral (do 29 de xuño de 2017 ao 6 de xullo de 2017), compensación económica polas vacacións non desfrutadas, descanso non desfrutado, horas extras e complemento de nocturnidade, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Que debo desestimar e desestimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Ana María López Ferreiro contra Esteban Vázquez Picallo, que debo absolver e absolvo das pretensións formuladas na súa contra.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe interpor ningún recurso.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza».

Para que sirva de notificación en legal forma a Tatiane Souza Barros e Walter Omar Vadell López, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 2 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza