Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 22 de xullo de 2019 Páx. 33983

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (DSP 582/2018)

Eu, María Blanco Aquino, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 582/2018 deste xulgado do social, seguido contra a empresa Daniel de Vega Díaz, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Sentenza.

A Coruña, 15 de maio de 2019.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 582/2018 e acumulado DSP 29/2019 do Social número 5, en que foi parte, dun lado como demandante, Francisco Javier González Lorenzo, asistido polo letrado Antonio Pousa Meréns e, como demandado, Daniel de la Vega Díaz, que non comparece, sobre despedimento, pronunciou, en nome do rei, a seguinte sentenza.

Antecedentes de feito.

Primeiro. A parte demandante presentou demanda que por quenda correspondeu a este Xulgado do Social número 2 da Coruña, na cal, tras expoñer os feitos e alegar os fundamentos de dereito que considerou pertinentes, remataba suplicando que se ditase sentenza conforme o pedido.

Segundo. Admitida a trámite a dita demanda, sinalouse a celebración do acto de xuízo, que tivo lugar na data sinalada en todas as súas fases co resultado que consta na acta redactada para o efecto e que quedou debidamente gravado no correspondente soporte CD. Unha vez concluído o acto do xuízo, quedaron os autos vistos para ditar sentenza.

Terceiro. Na tramitación dos presentes autos observáronse as normas legais de procedemento.

Resolución.

Que, estimando as demandas acumuladas interpostas por Francisco Javier González Lorenzo contra a empresa Daniel de Vega Díaz, debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado á parte demandante e extinguida a relación laboral na data da presente resolución, e condeno a empresa ao aboamento de 4.660,92 euros en concepto de indemnización, 5.932,08 euros por salarios de tramitación, máis 4.662,46 euros por cantidades debidas.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás que se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberá, no momento de interpoñer o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Esténdoa eu, letrada da Administración de xustiza, para facer constar que, na mesma data da sentenza, se deposita na secretaría deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e polas leis. Seguidamente, líbrase testemuño da sentenza para a súa unión aos autos. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Daniel de Vega Díaz, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 2 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza