Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 22 de xullo de 2019 Páx. 33997

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (85/2019).

ETX execución de títulos xudiciais 85/2019

Procedemento orixe: despedimento/cesamentos en xeral 669/2018

Sobre despedimento

Demandante: Federico Zedda

Avogado: Andrés González-Palacios Sardina

Demandados: Fogasa, Fun Kitchen S.L.

Avogado: letrado de Fogasa,

Eu, Mª Iria Román Vidarte, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 85/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Federico Zedda, contra a empresa Fun Kitchen, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou auto e decreto con data do 2 de xullo de 2019, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Parte dispositiva

Declaro extinguida na data da presente resolución a relación laboral que unía ás partes e condeno a Fun Kitchen, S.L., a aboar a Federico Zedda a cantidade de 1.860,49 euros, en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral, así como a cantidade de 14.928,10 euros, en concepto de salarios de tramitación.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa a presente resolución facéndolles saber que contra esta poden interpoñer recurso de reposición no prazo de tres días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Así o acorda, manda e asina, Elena Calleja Curros, maxistrada de reforzo deste xulgado».

E a parte dispositiva do decreto:

«Parte dispositiva

En orde a dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir de pagamento a Fun Kitchen, S.L, pola cantidade reclamada de 16.788,59 euros de principal (1.860,49 € en concepto de indemnización + 14.928,10 € en concepto de salarios de tramitación), máis 1.678,85 euros que provisionalmente se presupostan para xuros, gastos e custas e, se non pagase no prazo de dez días, ingresándoo na conta deste xulgado, aberta no Banco Santander co número ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (concepto transferencia 5076 0000 64 0085 19), procederase ao embargo dos seus bens na medida suficiente para responder pola cantidade pola que se despachou execución máis as custas desta.

– Requirir a Fun Kitchen, S.L., co fin de que, no prazo de dez días, manifeste relacionadamente bens e dereitos abondo para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

– En virtude do disposto no artigo 551 da LEC, de aplicación supletoria, consúltese o Rexistro Público Concursal para os efectos previstos no artigo 5 bis, número 4, da Lei concursal e únase o resultado ás actuacións.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste xulgado do social nº 3, aberta no Banco Santander, conta nº 5076 0000 64 0085 19. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá ingresarse na conta número ES 55 0049 3569 9200 0500 1274 e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta “5076 0000 64 0085 19”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada, utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acordo e asino. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Fun Kitchen, S.L., expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza