Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 19 de xullo de 2019 Páx. 33775

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (1796/2018).

No procedemento de referencia ditouse a resolución con encabezamento e resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza número 483/2019.

Maxistrada xuíza: Laura Guede Gallego.

Ourense, 23 de abril de 2019.

Vistos os presentes autos número 892/2017 sobre divorcio, promovidos pola procuradora Sra. González Tejada, en nome e representación de Zoila Rebeca Albarán Farinango como demandante, asistida polo Sr. Blanco, fronte a Luis Humberto Ajala Yamberla, que foi declarado en rebeldía, con intervención do Ministerio Fiscal.

Acordo a disolución do matrimonio formado por Zoila Rebeca Albarán Farinango e Luis Humberto Ajala Yamberla con todos os efectos legais inherentes á dita disolución. Acórdanse como medidas definitivas:

1. Atribúese a garda e custodia da menor á nai.

2. Atribúese o exercicio exclusivo da patria potestade á nai.

3. Suspéndese o réxime de visitas que Francisco José puidese ter coa súa filla.

4. En concepto de alimentos a favor da filla menor establécese a obriga do pai de aboar, dentro dos cinco días hábiles de cada mes e na conta que designe a demandante, a suma de 100 euros, que será anualmente actualizada en función das variacións que experimente o IPC ou índice que o substitúa en data 1 de xaneiro. Así mesmo, establécese a obriga de aboar o 50 % dos gastos de material escolar que se xeran anualmente no mes de setembro e o 50 % dos gastos extraordinarios, diferenciando entre os necesarios (aqueles sanitarios e farmacéuticos non cubertos pola Seguridade Social) e os non necesarios; será necesario o consentimento previo para estes últimos e non para os primeiros.

5. Atribúese o uso e desfrute do domicilio que foi familiar á filla e á nai baixo cuxa custodia queda.

6. Non se establece pensión compensatoria.

Non se impoñen as custas do presente procedemento a ningunha das partes.

Esta sentenza non é firme. Conforme o disposto no artigo 208.4 LAC, indícase que contra a presente resolución cabe interpoñer, no prazo de 20 días, recurso de apelación (artigos 457 e ss. LAC) ante este tribunal, para o cal se deberá constituír o depósito legalmente establecido.

E unha vez que sexa firme esta resolución, comuníquese de oficio para a súa anotación no Rexistro Civil Central, onde figura a inscrición do matrimonio cuxa disolución se declara.

Así o acorda, manda e asina S.S.ª. Dou fe».

Sentenza aclarada por auto do 24 de xuño de 2019, con parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Acordo aclarar a Sentenza do 23 de abril de 2019 e na resolución, onde di: “... Suspéndese o réxime de visitas que Francisco José puidese ter coa súa filla. “, debe dicir: “... Suspéndese o réxime de visitas que Luis Humberto puidese ter coa súa filla”.

Conforme o disposto no artigo 208.4 LAC, indícase que contra a presente resolución non cabe interpor ningún recurso.

Mándao e asínao S.S.ª. Dou fe».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Luis Humberto Ajala Yamberla, expídese esta cédula para que sirva de cédula de notificación.

Ourense, 25 de xuño de 2019

O/a letrado/a da Administración de xustiza