Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 19 de xullo de 2019 Páx. 33806

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 3 de xullo de 2019, da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia, polo que se notifica a citación para a vista oral do expediente XA 573-18.

Nas datas que para o efecto se indican no anexo rexistráronse nesta dirección xeral as reclamacións que así mesmo se sinalan para a súa tramitación pola Xunta Arbitral de Transportes de Galicia. Xa que logo, e segundo o disposto no artigo 9.3 do Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, polo que se aproba o regulamento da Lei de ordenación de transportes terrestres, acordouse a citación de ambas as dúas partes para unha vista oral. O artigo 9.6 da mesma norma, establece que en relación coas notificacións ás partes, que realizará a secretaría das xuntas, será de aplicación a lexislación de procedemento administrativo, polo que esta secretaría intentou facer a notificación presencial do antedito acordo consonte o artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común. Porén, a notificación non puido ser completada para unha ou varias das partes.

En consecuencia, e segundo o disposto no artigo 44 da mesma lei, por medio deste anuncio notifícaselles ás persoas ou entidades interesadas o contido esencial das citacións, o cal figura no anexo. De acordo co mesmo artigo, e sen prexuízo da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, a eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

A documentación relativa ás reclamacións está á disposición das partes na secretaría da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia (teléfonos de contacto 981 54 45 65 e 881 99 50 76).

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2019

David Conde Varela
Secretario da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia

ANEXO

Información común para todos os expedientes:

– No caso de persoas ou entidades que teñan a consideración de reclamantes, a súa comparecencia a esta vista é obrigatoria, de maneira que, se non asisten, se considerará que desisten da súa reclamación. Non obstante, se asiste a parte reclamada e se opón a ese arquivo, que tera lugar a vista mesmo na súa ausencia se a Xunta Arbitral así o acorda (artigo 9.5 do Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro).

– No caso de persoas ou entidades que ocupen a posición de reclamadas, a súa incomparecencia non impedirá que se realice a vista nin que se dite o laudo. En caso de incomparecencia da parte reclamante, a reclamación arquivarase sen máis trámite, agás que a parte reclamada asista e se opoña ao dito arquivamento. Nese caso, terá lugar a vista igualmente se a Xunta Arbitral así o acorda.

– Sen prexuízo do anterior, a comparecencia de calquera das dúas partes poderase facer persoalmente ou por medio de representante, acreditando, neste último suposto, a representación coa que se afirma actuar. En calquera dos dous casos, a persoa que asista ao acto da vista deberá presentar o seu DNI ou outro documento fidedigno acreditativo da súa identidade.

– Así mesmo, as persoas que acudan á vista oral deberán ir provistas de todos os documentos que permitan xustificar aquilo que aleguen na súa defensa, e poderán achegar calquera outra proba que consideren oportuna.

Expediente

Data de rexistro

Reclamante(s)

Reclamado(s)

Parte pendente de notificar

Último enderezo coñecido

NIF

Data-hora-lugar da vista oral

XA 573-18

5.9.2018

Galicia Direct, S.L.

Delina Soto Valeriano

(Palets Soto)

Delina Soto Valeriano (Palets Soto)

Polg. Industrial Barreiros, rúa C, nave 8

San Cibrao das Viñas, 32915 Ourense

NIF ***2298**

1.10.2019; 5.30.00 PM horas

Xunta de Galicia-Sala E

(Edificio Pirámide), San Caetano, s/n, Santiago de Compostela